Obras acceso Couto - As Laxas
ARBO DESTINA 38.000 EUROS PARA ÁS OBRAS DE ACCESO COUTO AS LAXAS
- Concello de Arbo contrata as obras de “Acceso Couto a As Laxas”, tras resolución de concesión de Subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014 – 2020
- O importe das obras ascende a 38.102,90 €.- (IVE 21% incluído).
- Despois do proceso de licitación e adxudicación as obras comezaron e o prazo de execución de 3 meses
Á vista do expediente que se tramitou ante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014 – 2020 para “Acceso Couto – As Laxas”, cun orzamento total de 38.102,90 €.- (IVE do 21% incluido) o Concello de Arbo, recibia da Consellería de Medio Rural comunicación da concesión de subvención o pasado 16 de xullo para a mellora do Camiño de As Laxas.
Mellorar as infraestruturas de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxectivo de favorecer as condicións de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuír a evitar a despoboación e fomentar a actividade económica.
A Roza do terreo, demolición e realización do movemento de terras necesario, escavacións e terraplenados, así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira. Execución de muros de cachotería, realización de cunetas formigonadas nos tramos sinalados nos planos, ampliación do vial e posteriormente aglomerado en quente e pintado do eixo e colocación de barreiras de seguridade, son algunhas das obras que constan na memoria do proxecto.