O CONCELLO DE ARBO XA DISPON DA SUA PRIMEIRA VIVIENDA SOCIAL
·A vivenda esta ubicada na antiga Escola de Mestres de Cequeliños
·Para financiar as obras dende o Concello de Arbo optaban a unha línea de Subvencións da Xunta de Galicia orientada a restauración de este tipo de inmobles.
A finais do ano 2019 o Concello de Arbo recibía unha achega por importe de 8.269,00€ do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha da súa primeira vivenda social.
A adxudicación do contrato realizábase a principio de ano, sendo unha empresa local de Arbo, a encargada de realizar os traballos para a posta en marcha da vivenda social. As obras de rehabilitación da casa de Mestres de Cequeliños, tiveron que se aprazadas durante o estado de alarma o que retrasou un pouco a evolución do proceso.
Outras das vivendas de titularidade municipal a Casa de Mestres en Sela, foi rehabilitadas para a posta en Marcha da Casa do Maior que dan servizo a cinco dependentes dende xuño de 2019
O obxetivo é iniciar un programa de restauración das vivendas de mestres de Cequeliños para polas a disposición en réxime de alugamento, á residencia habitual e permanente para aquelas familias con baixos recursos. Así o anunciou o rexedor da localidade de Arbo, Horacio Gil, quen explicou que unha vez rematada a antiga casa de mestres de Cequeliños reforzarase a política social que se esta levando a cabo dende a chegada do seu Goberno ao Concello de Arbo “Melloras no SAF, Axudas de Emerxencia social, a Casa do Maior en Sela, a compra de inmoble para Centro Social que se licitara en breve, ou o terreno para a residencia da Terceira Idade” avalan o traballo realizado dende o ano 2014 ata o momento.