Parque Forestal Bouza de Miguel (2ª Fase)

O CONCELLO DE ARBO LICITA ACTUACIÓN NO PARQUE FORESTAL DE BOUZA DE MIGUEL

BOUZA DE MIGUEL, UN AREA RECREATIVA PARA PASAR UN DÍA DE DIVERSIÓN EN FAMILIA

  •  As actuación a contratar levaranse a cabo no Parque Forestal Bouza de Miguel nunha segunda Fase.
  • O importe do contrato ascendería á cantidade de 31.212,88 (IVE do 21%  incluído que ascende a 5.417,11 €.-) que serán subvencionados pola Deputación e con fondos propios do Concello de Arbo
  • O Concello conta  coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra por importe de 21.849,02 €, ao abeiro  do reparto da segunda convocatoria de axudas a Concellos destinadas a Mellora dos Montes mediante a creación de Parques Forestais, e conta con recursos propios para financiar a parte non cuberta pola subvención no orzamento definitivo aprobado cara o exercicio 2020 e publicado no BOPPO de 9 de xuño de 2020.

 

Este Concello ten a necesidade de contratar as actuacións  a levar a cabo no “Parque Forestal Bouza de Miguel” nunha segunda fase (anualidade 2019-2020) e tras a redacción da correspondente separata dun proxecto máis global.

A zona obxecto de estudio localízase no lugar de Bouza de Miguel, parroquia de Santa María de Arbo, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra.

 

 O Concello de Arbo, asinou un convenio coa Comunidade de  Montes en Man Común de Arbo, por ser os propietarios dos terreos,  que permite a realización destas actuacións en solo veciñal.

 

Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo:

 

ï‚· Redución do risco de incendio e da ameaza que este supón sobre as vivendas no caso de producirse, mediante a eliminación de especies pirofitas e creación de áreas de frondosas caducifolias en torno os núcleos de poboación e instalación municipais, que actuarán como corta lumes verde.

 

ï‚· Mellora da diversidade florística do espazo mediante o uso de especies frondosas autóctonas e conversión de piñeirais en carballeira ou fraga.

 

ï‚· Mellora do uso público, mediante colocación e instalación de diversos elementos de características construtivas integradoras co espazo forestal no que se sitúa.

Actuacións

As actuacións poden clasificarse en tres grandes grupos:

  1. Actuacións de prevención de incendios forestais
  2. Actuacións de mellora dos valores ambientais coa: eliminación de acacia e mimosa, Eliminación de Eucalipto e Piñeiro, e a Creación de áreas poboadas por mestura de  frondosas caducifolias.
  3. Medidas de posta en valor do uso público ca: instalación dun punto de recollida de residuos sólidos, a construción dun Asadeiro, a colocación dunha Fonte, a creación dunha área de aparcadoiro e a Instalación dun Circuíto de Biosaúdables, de características construtivas que os fan integrables neste entorno forestal e a súa promoción coa elaboración de material audiovisual para a promoción do espazo


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011