Aprobación convenio mellora estrada barrio da Estación

 

O CONCELLO DE ARBO APROBA O CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A MELLORA DA ESTRADA DA ESTACIÓN EN ARBO

  • O pleno do Concello de Arbo en sesión de data 5 de novembro aproba  o  Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”.

 

  • O importe da obra ascende a  663.204,03 € (IVE 21% incluído) do que a Deputación achega 464.242,82 €  (70%), e o  Concello de Arbo 198.961,21 € (30%)

 

 

O Pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o   convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30.09.2020 (R.E. núm. 982).

 

A actuación reflexada na memoria redactada en febreiro de 2020, cun orzamento  de 663.204,03 € (IVE 21% incluído),  se pretende humanizar a rúa nos treitos comprendidos entre a Estación de FFCC e a estrada PO-405, así como o que descorre fronte á capela de San Antonio, todo o cal mellorará notablemente a seguridade viaria na zona do proxecto e no seu entorno.

 

“As obras desenvólvense entre a rúa da Estación, entre a estación de ferrocarril de Arbo e a estrada PO-405,  tamén inclúe o tramo que vai fronte á capela de San Antonio. Actualmente as beirarrúas están feitas con baldosas hidráulicas no primeiro tramo, ata o cruzamento existente que leva ao

á esquerda cara á estrada PO-405, onde as beirarrúas son de formigón e á dereita cara á Capela de San Antonio, onde non hai beirarrúas. Os pavimentos están en mal estado en xeral.”

 

O proxecto resólvese coa dotación dun recorrido peonil en toda a lonxitude da actuación e cun ancho suficiente para o tránsito de persoas. Ademais renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado e dotarase de canalizacións para o soterramento do cableado. Ademais está prevista a construción de dous pasos peonís sobreelevados, co obxecto de reducir a velocidade dos vehículos.

 

O convenio establece que as obras serán financias pola Deputación no importe de 464.242,82 €  (70%), e polo Concello de Arbo no importe de 198.961,21 € (30%) . As obras serán licitadas, dirixidas, executadas e recibidas polo Ente Provincial.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011