Convenio para a mellora do camiño de Merelle
ARBO, ASINA UN CONVENIO COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUTURA RURAL
- Concello de Arbo, asína un convenio de cooperación coa Conselleria do Medio Rural para a realización de obras de infraestructura Rural na parroquia de Cabeiras
- As obras seran financiadas, contratadas e executadas pola Xunta de Galicia
O concello de Arbo considera necesaria a execución da obra de infraestrutura rural “Mellora de accesos en Merelle - Vilaseca (Cabeiras)”, con destino ao uso ou servizo público, sen que por este concello se poida acometer a súa execución por razóns orzamentarias. A Consellería do Medio Rural , en uso das súas competencias, coincide co Concello no uso público da obra, polo que se asinaba un convenio entre ambas administracións, por un importe de 38.709,50 €.
A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo, co obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas no medio rural, vén de determinar as actuacións a realizar en Arbo,
O goberno local, contemplará proxectos que teñan que ver coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a fixar poboación- informa o rexedor Horacio Gil
O convenio asinado entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2021, e permanecerá vixente ata o remate da actuación contemplada no mesmo, a comunicación da recepción das obras ao Concello e a formalización da acta de entrega.