Sinalización turistica
O CONCELLO DE ARBO, SEGUE MELLORANDO A SINALIZACIÓN TURISTICA DO CONCELLO
Arbo, a 12 de xuño de 2017-O Concello de Arbo, coloca paneis informativos, en elementos patrimoniais catalogados, para seguir mellorando a sinalización turística de Arbo e dar a coñecer as riquezas que esta Vila ofrece os visitantes
O proxecto para “Interpretación do Patrimonio de Arbo” polo importe de 2.020,70€ para a interpretación do patrimonio do Concello en tres lugares, a Capela de San Pedro de Granxa, a igrexa de Santa María de Sela.
ACapela de San Pedro pretende mostrar unha pequeña e sinxela construcción de pedra do país no que se descobre na fachada a data de 1655. Localizase no barrio da Granxa, non moi lonxe da Igrexa Parroquial Santa Maria de Arbo, este barrio e un barrio medieval arbense orixinario.
A Ponte Romanica de San Xoan, que se rehabilitara en breve, dacordo o Convenio asinado entre o Concello de Arbo e a Conselleria de cultura, esta sito sobre o Rio Deva, na Praia fluvial de San Xoan, e un elemento catalogado e con moita historia dado que tivo lugar unha batalla durante a guerra da Independencia.
E por ultimo o panel colocado no Adro da Igrexa de Sela, quere dar a coñecer as Pinturas Murais sitas no teito da IGrexa e que foron restauradas recentemente.
Estas actuacións contribúen a potenciar o valor deste patrimonio e que os visitantes disfruten destas construcción tan antigas e tan descoñecidas para moitos.
Dende o Concello de Arbo, animamos a todos a que visiten estas belezas e todas as demais que esta Vila pode ofrecer.