Mantemento Piscina
REAPERTURA DA PISCINA MUNICIPAL, TRAS AS OBRAS DE MELLORA E MANTEMENTO DA PISCINA MUNICIPAL DE ARBO.
Arbo a 4 de xullo de 2017.- A piscina municipal do Concello de Arbo, abriu onte día 3 de xullo, as súas portas cunhas instalación melloradas e coa contratación dun servizo de control de calidade, para cumprir coas esixencias establecidas na normativa sectorial de aplicación e fixadas pola autoridade sanitaria.
antes de las obras
Depues de las obras
As obras acometidas para a mellora e mantemento da Piscinas Municipais foron as seguintes:
- Sustitución e mellora dos cadros eléctricos
- Incorporación de sistema de ventilación para renovación de aire no interior do local de instalación
- Sustitución de tuberías, bombas de depuración, válvulas, manómetros, boquillas de aspiración, tomas de auga, reixas, sumideiros….Carga de arena en depósitos de depuración
- Renovación de revestimento da piscinas pequeña, con laminas armada. E un revestimento impermeabilizante e decorativo para piscinas, resistente e flexible, que sustituiu o antigo, para maior seguridade e diversión dos máis pequenos.
- Reposición de baldosas de cerámica e rexuntado de todo o revestimento cerámico da piscina grande.
- Renovación de pavimentos de “beirarua” con baldosas de ganito acabado aserrado según despece e renovación de aspersores da instalación de rego.
A intervención necesaria debido o gran deterioro que sufriu a instalación nos últimos anos e que conleva a melloras sanitarias e de seguridade, empregan materiais e sistemas constructivos de uso habitual, dotando o equipamento deportivo dunha mellor estética e seguridade para os bañistas.