Dotación mobiliario en San Xoan

Colocación de Bancos  e papeleras na Praia Fluvial de San Xoan

O Concello de Arbo, continua desenvolvendo traballos de cara a poñer en valor e dotar de mobiliario urbano distintas zonas do Concello, de xeito que poidan ser mellor aproveitadas polos veciños e veciñas. Nesa liña de traballo o Concello recollerá en Meis, distinto mobiliario urbano para a praia fluvial de San Xoán, unha zona de extraordinaria beleza na que se mesturan de xeito case que único o patrimonio cultural, histórico e natural. 

O material solicitado a Deputacion de Pontevedra, no marco do Programa de Mellora de Espazos Públicos, consta de catro bancos, catro papeleiras e dous paneis informativos que serán instalados por persoal municipal. Dese xeito, o Concello salienta a súa intención de ofrecer unha maior comodidade á veciñanza e visitantes que se acheguen a esta zona, tanto nos meses estivales, como en calquera outra época do ano na que a zona de San Xoán é sempre digna de ser visitada.

Segundo o Concello, o Plan de mellora que se ten previsto para conseguir que Arbo, "siga a ser un referente turístico nacional", leva aparellado tamen os traballos de rehabilitación da ponte románica de San xoan, obra que realizara a Conselleria de Cultura logo do convenio asinado en Abril de 2017.

Ata o momento, o Concello desenvolveu unha serie de accións tendentes á recuperación, mellora e posta en valor do seu patrimonio cultural, histórico e natural, como foron asos traballos de rehabilitación de varias pesqueiras,mellora e ampliación do Sendero dos Pescadores, colocación de paneis informativos, arreglo das praias fluviais de Sela e da Estación de Arbo,  miradores sobre o rio Miño, ruta das pesquerías, humanizacion ds rua Antonia Tobar coa colocacion de xardin e bancos no lavadoiro de Turbela, amais de conseguir a declaración da Festa da Lamprea como Festa de Interese Turístico Nacional.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011