acondicionamento Sendeiro Almuiña -San Xoan

 

A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, esta a desenvolver as obras do Acondicionamento do Sendeiro Rio Deva a Praia Fluvial de San Xoan

O Concello de Arbo, quere continuar pondo en valor o entorno do Rio Deva a través de acondicionamentos de sendeiros, mobiliario na Praia Fluvial e a divulgación de rutas a través de paneis informativos. Deste xeito, o Concello de Arbo, solicitou a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, colaboración para o acondicionamento do Sendeiro dende o Rio Deva a Praia de San Xoan de Arbo. Neste marco a citada conselleira, comezou as obras de previstas que consisten na roza manual do trazado, a mellora do camiño, a instalación de pasarela de madeira e escaleiras, construción dun muro de cachotaría para estabilizar o camiño e  instalación dun panel interpretativo coa información relativa ao sendeiro. 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011