Obras P.A.I
MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS E DO EQUIPAMENTO DO PUNTO DE ATENCIÓN A INFANCIA DE ARBO - OBRA SUBVENCIONADA POLA CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA E FEDER (FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO RURAL)
Arbo, 6 de novembro de 2017 .- A Consellería de Política Social, acaba de conceder unha achega o Concello de Arbo por importe de 26.157.11 €.-
Continuando coa serie de melloras e servizos en infraestruturas que o Concello de Arbo está realizando a favor dos mesmos, solicitou unha subvención para melloras no Punto de Atención a Infancia sito en Cruceiro – Barcela, o que a Consellería de Política Social concedeu un total de 26.157,11 €.-
As obras a acometer son obra de adecuación e mellora do centro, donde se colocara dous inodoros no baño infantil ( na actualidade só hai un) e colocación de cambiador de cueiros colocación de prato de ducha no baño de adultos, aumento da sala de actividades, desprazando o tabique actual para modificación da sala de descanso. Ampliación de recibidor, cambio de fiestras e peche con galería da entrada o Centro, entre outras obras. Así mesmo, a adquisición e mellora do equipamento do centro, inclúe a compra de mobiliario e material didáctico e de xogo, así como a dotación de conexión á internet no local e a compra de dispositivos dixitais.