Mellora infraestructura e Teimende

O CONCELLO DE ARBO ACABA DE ADXUDICAR A OBRA DE REPARACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E REHABILITACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS EN TEIMENDE.

Arbo a 14 de novembro de 2017.- O Concello de Arbo asina un Convenio coa entidade publica empresarial Augas de Galicia para  a reparación na rede de saneamento e rehabilitación de infraestruturas en Teimende.

O Concello de Arbo e a Entidade publica empresarial Augas de Galicia,  asinaron un convenio de Colaboración con data 19.10.17, polo que se concede a esta entidade  unha subvención de 69.621,42€.-,  importe que subvenciona a obra de Reparación na rede de saneamento e rehabilitación de infraestructuras en Teimende – Arbo

As causas das chuvias torrenciais no Concello e filtracións na mesma estrada e beirarrua, atopamonos con infraestructuras municipais danadas a causa das inundacions, como ocorre en Teimende. A consecuencia deste temporal,  son varias as obras que o Concello acometeu dende esa epoca, grazas a colaboración da Xunta de Galicia.

Unha vez que o concello ten as autorizacións sectoriais correspondente para poder facer a obra, o Concello de Arbo acaba de adxudicar a obra por un importe de 69.621,42 €.- que será financiada o 100% co importe subvencionado por Augas de Galicia. 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011