Remate das obras no Pavillón Municipal
REMATAS AS OBRAS DE MANTEMENTO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE ARBO
Arbo, a 1 de novembro de 2017.- o Concello de Arbo asinaba un convenio de cooperación en setembro coa Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para o mantemento do pavillón municipal, por un importe de 10.000 €.-
O Concello de Arbo acometeu no mes de outubro obras de mantemento do pavillón polideportivo, dado que presentaba desperfectos en paramentos, revestimentos e mobiliario, entre as obras a realizar esta o pintado da pista deportiva, marcado e sinalización da mesma. Pintado de vestuarios, das portas de acceso, consolodiración de paramento de fabrica de ladrillo cara a vista. Canalización de canalons de pluviais e baixantes vistas de aluminio, cubrición do oco existente con chapa de aluminio e aportación de mobiliario e accesorios a pe de pista como son dous bancos, umha silla e 8 tramos de 5 m de lonxitude de malla delimitadora de pista. As obras xa rematas dan un aspecto innovador e estético da instalación. O Pavillón e unha das intalacions municipais, xunto co multiusos, máis usada polas Asociación Deportivas Arbense, sendo un total de cinco as asociación que actualmente a utilizan.