Bases reguladoras Vivendas Baleiras Concello de Arbo
Por Acordo Plenario celebrado o día 28 de setembro de 2020, foron aprobadas as bases reguladoras do programa de vivendas baleiras, vivenda de Cequeliños (antiga vivenda de mestres).
Achéganse ditas bases e os anexos ás mesmas para a súa publicación no taboleiro e no portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Arbo (https://concellodearbo.sedelectronica.gal) para coñecemento xeral dos interesados:
“BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONCELLO DE ARBO
É obxecto das presentes bases a regulación, no concello de Arbo, dos aspectos materiais, persoais, formais e procedimentais do Programa de Vivendas Baleiras, segundo o convenio entre o IGVS e a FEGAMP, asinado en data 03/05/2016, no ámbito do Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora do Acceso á Vivenda 2015 – 2020 (Plan RehaVIta).
En data 05/04/2019 asinase o acordo de adhesión do concello ao citado Convenio de colaboración entre o IGVS e a FEGAMP.
En data12/04/2019, apróbanse na correspondente comisión de desenvolvemento do convenio as presentes bases reguladoras do programa, definitivamente aprobadas.
Arquivos
- Descargar: ANEXO II- Xeral. Inscricion rexistro demandantes.odt - 28,88 Kb.
- Descargar: ANEXO I Solicitude Incorporacion- GALEGO.odt - 33,32 Kb.
- Descargar: ANEXO III-CONTRATO ARRENDAMENTO PVB.odt - 31,25 Kb.
- Descargar: 20201021_Publicación_Anuncio_Anuncio para sede electronica concello arbo (1).pdf - 847,04 Kb.