A.C A Vella Barca

A Asociación Cultural “A Vella Barca” fundouse en Arbo en marzo de 2014. Foi creada por un grupo de amigos amantes do folklore galego promovidos pola necesidade de transmitir fielmente a música, os cantares e os bailes de toda a xeografía galega.

A través dos traballos de recolllida de campo por tódolos recunchos da nos aterra, tentando ser o máis fieis posibles, reproducimos os bailes típicos de cada zona debidamente ataviados coa vestimenta e a xoiaría da época e acompañados por fermosas melodías intentando manter as representacións dos nosos antergos.

O noso grupo artístico está composto por 4 seccións:

- Grupo de Pandereteiras e grupo de Pandereteiros: formación de mulleres e homes respectivamente, que interpretan numerosas pezas con diversos instrumentos tradicionais, atendendo aos diferentes ritmos de cada zona (jotas, muiñeiras, pasodobres…) e aos xeitos de cantar da nosa comunidade.

Dentro desta sección contamos tamén cun grupo de voces infantís, que intentan reproducir os nosos cantares.

- Grupo de Baile: composto por 6 parellas mixtas, é o encargado de representar tódalas danzas e bailes característicos de Galicia, elaborados a través de gravacións feitas ás persoas maiores que aínda recordan o xeito de bailar dos seus país e avós. Estes bailes están representados da maneira máis fidedigna posible, sen desvirtuar ningún dos seus detalles.

Dentro desta sección tamén contamos cun grupo infantil.

- Charanga tradicional: formada por gaitas, saxofón, clarinete, pandeireta, tambore e un bombo con platos. O seu repertorio baséase fundamentalmente en músicas bailables, recollendo o testemuño doutras formacións instrumentais anteriores nas que a gaita era o instrumento principal á que se lle engadiron a percusión, amenizando as festas do pobo e arredores.

 

Teléfono: 697848454, 696133755

Correo electrónico: a.c.avellabarca@gmail.com

Incluidos dentro del  Plan Cultural de la Diputación en el apartado de Grupos Folclóricos (A) 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011