Asociación Cultural Evaristo de Sela

 

A Asociación Cultural Evaristo de Sela nace no ano 1999 coa intención de convertirse en vehiculo dinamizador da cultura na parroquia de Sela. Leva o nome do noso máis ilustre veciño, Evaristo González Fernández (Sela, 1917-Vigo, 1994), que firmou toda a súa obra literaria e de traducción como Evaristo de Sela en homenaxe a parroquia de nacenza. É autor dunha extensa obra poética que comeza no ano 1944 coa publicación de Amar (Vigo, Imprenta Roel) e  remata ata o de agora con Versos de preso e outras rimas (Edicións do Castro 2000), ademáis de centos de poemas inéditos que titulou Cadencias. No campo da traducción é da súa autoria verter a obra de Homero (A ILíada e a Odisea) de grego clásico ó galego, así como a traducción de poetas contemporaneos gregos no libro: (1992).

En todos estes anos de existencia, a Asociación Cultural Evaristo de Sela leva organizado decenas de actos culturais, sobresaindo a homenaxe organizada en conxunto co concello de Arbo en novembro de 2011 a Evaristo de Sela co descubrimento dunha placa conmemorativa na casa natal. Neste acto interviron diversas personalidades do mundo das letras galegas, destacando os académicos Xesús Alonso Montero e Victor F. Freixanes.

Ese mesmo ano nace o boletín Seliña, órgano de difusión cultural da Asociación e que ven de acadar o nº 25. Esta publicación, de caracter trimestral, serve de voceiro da Asociación así como de difusor da obra edita e inédita de Evaristo de Sela. Ó mesmo tempo trata  temas de caracter histórico, etnográfico e tradicional da parroquia de Sela.

No ano 2014, A Asociación funda o seu grupo de teatro, que leva por nome o mesmo que o boltín, Seliña. Nestes preto de tres anos de existencia, o grupo de teatro leva representado por diferentes escenarios do sur da provincia de Pontevedra as obras Os vellos non deben de namorarse de Castelao e Tres historias para lelas da autoría do taller de teatro da propia Asociación.

No compromiso da Asociación Cultural Evaristo de Sela coa parroquia de Sela e coa súa cultura e tradición, estamos a levar a cabo diversas actuacións como son un programa de iniciación a lectura, a recuperación de toda a microtoponimia así como a catalogación de porrerías, das que levamos acadando máis de 1000. En todos estes anos de existencia levamos organizado seráns, labradas e xornadas de convivencia entre os máis de cen socios que forman esta gran familia.

A colaboración coas outras Asociacións do Concello e con todas as institucións que nolo pidan é outra das facetas da asociación. Así, temos participado xunto coa Asociación Cultural Barca do Loimil e coa Asociación Cultural A Vella Barca en diferentes ocasións. Apostamos pola cultura en todas as súas facetas

DATOS DE CONTACTO

Grupo de Teatro Seliña

Asociación Cultural Evaristo de Sela

Dirección: A Praza, 95

36494 - Sela (Arbo)

Antonio Lorenzo Sarandón 666 28 29 44

Agapito Valado Fernandez  628 55 65 49 

www.facebook.com/asociacionculturalevaristodesela


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011