Comezo das obras na Ponte Romanica de Mourentan

COMEZAN AS OBRAS PARA A REPARACIÓN E CONSOLIDACIÓNDA PONTE DE MOURENTAN

Arbo 4 de decembro de 2017.- A Consellería de Cultura e o Concello de Arbo colaboran na reparación e consolidación da Ponte de Mourentán

O pasado 28 de abril de 2017 o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria don Román Rodríguez González e o Alcalde do Concello de Arbo, Don Horacio Gil, asinaban un convenio de colaboración para a recuperación e consolidación da Ponte de Mourentan,  que ten consideración de ben catalogados e incluida no Inventario de Pontes Históricas de Galicia.

O proxecto cun orzamento de execución por contrata de 103.418,00 Euros será  asumido pola Conselleria, e das obras se encargara a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia.  Esta intervención está incluída no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia da Dirección Xeral do Patrimonio cultural.

O obxecto da actuación prevista é, por tanto, acometer as obras necesarias para evitar que continúe deteriorándose este ben e, deste xeito, impedir que se produza unha perda irrecuperable para o patrimonio cultural galego. Esta ponte foi construída entre os séculos XIV e XV sobre o río Deva para facilitar o cruce ao antigo camiño dende Ribadavia a Tui que xa figuraba en documentos medievais. A día de hoxe a ponte presenta danos localizados fundamentalmente no estribo dereito e nos peitorís. No resto é necesario rozar e limpar a intensa vexetación que cubre os muros do estribo esquerdo e cortar e estabilizar algunhas árbores que medran neles e que, á larga, poden causar danos na fábrica.

Remate obra Fontan

No lugar de Fontan existía unha intersección donde se xuntan as pistas que veñen A Pedreira, A Igrexa e do propio núcleo de Fontan. As actuacións contempladas neste proxector encamiñanse a mellorar a seguridade vial de dita intersección, mellorando a visibilidade, o trazado dunhas curvas e a pavimetación actual.

estado anterior

estado actual

Remate obra Merelle

No tramo de Merelle planeouse o ensanche e pavimentación dun camiño que parte desde as ultimas casas do lugar, e baixa en dirección a Fontan. O camino e moi estreito e contemplase mellorar o trazado dunha curva moi pechada, a vez que se ensanchou o tramo completo para conseguir un ancho e plataforma.

estado anterior 

estado actual

Remate obra Devesa

As obras a  realizar no caimño de Devesa son no tramo 1 a ampliación do camino coa renovación de capa de rodadura e desprazamento de peche existente e no tramo 2 renovación de capa de rodadura mediante desbro, limpeza, pavimentación, rularización de firme, capa de rodadura mediante unha mezcla bituminosa en quen, formación de plataformad en ampliación con base de zahorra artificial e realce de tapas de rexistro na estrada 

Estado actual 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011