Contratación Persoal

O Concello de Arbo abre o procedemento selectivo para a contratación, con carácter temporal, de vinte persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA) dentro do II Plan de Conservación e funcionamento de Bens e Servizos Municipais 20115 (publicado no BOP de Pontevedra de 28 de setembro de 2015), concedido a esta entidade a través de acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 9 de outubro de 2015:

 

·         1 Peón fontaneiro (72211012)

·         2 Peóns carpinteiros (71311049)

·         1 Peón electricista (75101033)

·         3 Peóns da construción (96021013)

·         7 Peóns de horticultura-xardinería (95121019)

·         1 Operarios de condución de vehículos e manexo de maquinaria agrícola (83211010)

·         2 Axudantes de tarefas de axuda no fogar (57101013)

·         2 Operario de servizos xerais (limpeza) (92101050)

·         1 Axudante socio-cultural (37241034)

Duración do contrato: 2 meses

Xornada:  35 horas semanais


Requisitos: persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI  ou PREPARA.), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados nas categorías/ocupacións referidas na base anterior e que estean dispoñibles para o emprego. Será a Oficina de Emprego quen envíe ao Concello as persoas candidatas para os postos mencionados anteriormente.


 

 

 

Arquivos

Marquesiñas para parada de autobús

O concello de Arbo ven de contratar as obras de construcción de Marquesiñas para parada de autobús  no lugar de Couto e a Vila na parroqua de Arbo e no lugar de Reguengo na parroquia de Mourentan, obras incluidas dentro do POSS/15, concedidas por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

As obras consisten en excavación de terras a ceo aberto para formación de caixa da solera para apoio, para colocación de de marquesina composta de pilares e banco de aceiro inoxidable AISI-304 pulido brillante. Panel tellado con tres pilares, soporte para a súa fixación con escuadras e perfiles para cerramento con cristal. Tellado de poliuretano galvanizado e prelacado e Cristal laminado de seguridade.

" A Vila "

 "O Reguengo"

"O Couto"

Pasarela Rio CEA

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, esta acometer a obra “Pasarela de Madeira no Rio Cea”, dacordo a solicitude realizada por este Concello con  data 27 de abril de 2015, tendo en conta a gran importancia que ditas infraestructuras de paso poseen como via de comunicación entre núcleos de poboación.

As obras son financiadas pola Confederación o 100%, e en canto o Organismo de cuenca notifique a este Concello a súa finalización, será esta entidade local a que asuma a todolos efectos a xestión, mantenemento, explotación e conservación desta.   

  

Mellora e adaptación das instalacións do Mercado Municipal Fase II

A través das axudas emitidas pola Consellería de Economía e Industria ós concellos galegos  para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Concello de Arbo busca a dinamización do espazo comercial adicado ao Mercado de Abastos Municipal, axudando a que sexa máis competitivo e máis atractivo para os consumidores. E por iso que é necesario adoptar medidas para poder incorporalas a sociedade de consumo actual e para iso, neste caso, o goberno municipal de Arbo contempla:

-          Supresión das barreiras arquitectónicas e de comunicación e instalación dun novo pavimento antiesvarante, posto que o actual resulta moi perigoso para os usuarios en xeral, pero sobre todo para aqueles que poidan presentar algún problema de mobilidade reducida; na Fase I executada o ano pasado levouse a cabo a construción dun aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida, nesta fase contémplase a supresión de barreiras comunicativa coa instalación de sinalización da praza en Braille.

-          Demolición dos actuais postos de venta centrais, onde se leva a cabo a venta de peixe, verduras e froitas e instalar puntos de venta que sexan funcionais e esteticamente máis modernos, limpos e hixiénicos o estar enteiramente realizados en aceiro inoxidabble, e tamén dispor de fregadeiros realizados no mesmo material, con grifos especificamente deseñados e pensados para a actividade que se desenvolve nas prazas.

-          Mellora do pavimento central da praza de abastos, demolendo o existente que se atopa en mal estado e ademais e perigoso  e esvarante cando se molle

-          Instalación de carteleira de aceiro inoxidable sobre os novos postos de aceiro inoxidable para que os vendedores poidan rotulalos có seu nome

-          Instalación dun punto de información ós usuarios do Mercado Municipal de Abastos coa instalación dun MUPI informativo comercial, onde os praceiros poderán publicar as novidades, campañas e ofertas que se están desenvolvendo.

-          Colocación dun maior número de consignas para facilitar as compras dos usuarios da Praza de Abastos

-          Instalación dun colector de residuos con bocas de reciclaxe separadas para incentivar a reciclaxe dentro da Praza de Abastos.

-          Cambio do actual falso teito que se atopa en moi mal estado dando unha imaxe sucia e de abandono

-          Melloramento do illamento térmico coa instalación de espuma ríxida de poliuretano fabricada “in situ”

-          Retirada de iluminación actual e substitución da mesma por iluminación tipo LED

-          Instalación de luminarias de emerxencia

-          Instalación de aparcabicicletas para promover o uso deste tipo de vehículos

-          Limpeza de fachada e reacondionamento das letras de “Mercado Municipal”

As obras de mellora e adaptación das instalacións do Mercado Municipal. Fase II contan cun orzamento de execución por contrata cifrado en 86.997,17 €.- IVE incluído.

 

Pista Deportiva

PISTA DEPORTIVA NO CEIP ANTONIO CARPINTERO

(ESTADO ACTUAL DA PISTA)

Con cargo a subvención concedia pola Deputación Provincial de Pontevedra e cunha financiación do 100%  do investimento vanse levar a cabo as obras de “Pista Deportiva no CEIP Antonio Carpintero”.

Segundo o proxecto básico e  de execución indícase que as obras consisten na execución dun novo pavimento deportivo sobre o existente, co marcado e sinalización da pista de xogo.

Parque Infantil do P.A.I

ADECUACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS PÚBLICAS EN ARBO: PARQUE INFANTIl DO P.A.I

 

O Concello de Arbo o abeiro da ORde do 22 de decembro de 2014 en virtude da Resolución da Vicepreseidencia e Conselleria  de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,  pretende levar a cabo a adecuación, mellora e ampliación de varias infraestructuras públicas dentro do territorio do Concello de Arbo, levando a cabo as obras consistentes en adecuación á normativa en materia de parques infantís. Ditas actuacións consistiran na melloras e adecuación á actual normativa vixente sobre espazos infantís do parque existente en San Xoán de Barcela ao carón do P.A.I

 

, .

Restauracion Lavadoiros

“RESTAURACIÓN DE LAVADOIROS -  SAN XOAN DE ARBO E COUTADA DE CABEIRAS"

O Concello de Arbo, vai acometer as obras de  “Restauración de Lavadoiros”,  incluídas na ampliación do POSS/15, cun orzamento de execución por contrata cifrado en 34.665,60 € (IVE do 21% incluído), sendo a base de 28.649,26 € e o IVE de 6.016,34 €, e cun prazo de execución de dous (2) meses.

LAVADOIRO  COUTADA - CABEIRAS ( ESTADO ACTUAL)

Para levar a cabo esta actuación cóntase con financiamento  do 100% da referida actuación con cargo a subvención concedida por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de data 29.05.15 na cantidade dos 34.665,60 €,   ditada no marco do Plan de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15) cuxas bases foron aprobadas por acordo plenario de 28.11.14 e publicadas no BOP núm. 1 do 02.01.15.

LAVADOIRO DE SAN XOAN (ESTADO ACTUAL)

 

 

Marquesiñas en Paseo Fluvial

O concello de Arbo ven de contratar as obras de construcción de Marquesiña no paseo fluvial do Rio Miño no lugar de A Estación, obras incluidas dentro do POSS/15, concedidas por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

As obras consisten  en limpeza, reparación e reconstrucción de marquesina de madeira laminada, asi como reparación de pilastras de granito, comprendendo o desmontado da sillería e acopio das pezas para a súa recolocación.

Estado Actual 

Xestion e Recollida de Residuos

RECOLLIDA, TRANSPORTE, XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE ARBO, E DA RECOLLIDA ORDINARIA DOS CONTADORES DE PAPEL/CARTÓN DO CONCELLO

O concello de Arbo, ven de  adxudicar e contratar a prestación dos servizos de “Recollida, transporte, xestión e tratamento de residuos do punto limpo do Concello de Arbo, e da recollida ordinaria dos contadores de papel/cartón do Concello”, mediante procedemento negociado sen publicidade, deste servizo, admitindo entre os criterios de selección o prezo máis baixo e outros criterios obxectivos que garden relación co obxecto deste contrato; establecendo a súa duración nun ano, coa posibilidade da súa prórroga por outro ano máis por mutuo acordo das partes.

En  Resolución nº 208/15 de 22.05.15 resolveu aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas para a adxudicación do contrato de prestación dos referidos servizos, mediante procedemento negociado sen publicidade ao abeiro do disposto no artigo 174 e), en relación co artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público; ao mesmo tempo que aproba o  expediente de contratación e autoriza o gasto  correspondente a este ano 2015 con cargo á aplicación orzamentaria 1621.227 prevista no Orzamento prorrogado cara o exercicio 2015, asumindo o compromiso de dotar o crédito  necesario para asumir as obrigas económicas deste contrato no orzamento 2016 e nos orzamentos ao que estende a duración deste contrato, incluídas as posibles prórrogas por mutuo acordo das partes.

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011