Concerto de Nadal

O concello de Arbo, dentro da súa programación do “Nadal Cultural 2015”,  ten previsto o “Concerto de Nadal” o vindeiro 26 de decembro ás 18:00 horas, no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo,  coa actuación da Coral Polifónica de Arbo, Banda de Musica Municipal de Arbo, Asociación Cultural a Vella Barca e Asociación Cultural Barca de Loimil no Auditorio do Centro Multiusos.

A entrada e gratuita

Cine: Rango

O vindeiro Domingo 27 a partires das 18:00 horas e incluido dentro do programa do Nadal Cultural 2015, no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, proxección da película Rango e o remate contaremos coa presenza do Carteiro Real que recollera tódalas cartas e peticións dos máis cativos.

Actividade gratuita 

Divertilandia

O vindeiro Venres 1 de xaneiro  de 2016, dende as 16.30H ata as  20.30 no pavillon polideportivo de Arbo,  o Concello de Arbo   ofrece dentro do seu programa de actividades para o nadal cultural 2015, a actividade “DIVERTILANDIA”  donde durante 4 horas entre outras cousas haberá   Tirolina, Hinchable de saltar, Hinchable infantil, Tobogán, Circuito de vehículos a pedales, Talleres. A entrada e gratuita  e  os nenos pasaran unha tarde divertida. 

Festival Solidario

Un ano máis o Concello de Arbo, quere axudar os seus veciños máis necesitados coa recollida de alimentos, polo que dentro da súa programación do “Nadal Cultural 2015”,  ten previsto para o vindeiro domingo  día 3 de xaneiro de 2016, a partires das 17:00 horas, no Auditorio do Centro multiusos, a actividade denominada “Concerto Solidario” coa actuación do Grupo de Baile Activo de Arbo, Asociación Cultural A Vella Barca e a Asociación Cultural Barca de Loimil, para acceder ao Festival haberá que entregar unha unidade de alimentos non perecedoiros

 

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011