CAMPAMENTO DE NADAL
Arquivos
- Descargar: Instancia NADAL.pdf - 52,85 Kb.
O CONCELLO DE ARBO, ASINA UN CONVENIO CON SOGAMA PARA AS OBRAS DE “RED DE SANEAMIENTO EN PONTE CABALEIROS (CARRETERA AUTONÓMICA PO-400, ENTRE EL P.K. 16+810 Y EL P.K. 17+315, EN EL CONCELLO DE ARBO”
O Concello de Arbo e SOGAMA asinaban un Convenio de Colaboración en data 17.02.2023 por importe de 150.000,00 € (impostos engadidos), para a realización de obras de “Rede de saneamento en Ponte Cabaleiros (Estrada Autonómica PO 400 ente o P.Q. 16+810 e o P.Q. 17+315)”, obras de interese público relacionadas co medio ambiente na contorna do Concello; sendo rexistrado dito Convenio debidamente asinado o día 24.02.2023 (Rexistro de entrada nº 357).
O Concello de Arbo, recibe unha achega para a “CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”, tras concesión de subvención do 100% da actuación por Resolución de 06.11.2023 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA Cambio Climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O) (D.O.G., Nº 104, de 2 de xuño de 2023).
Importe do contrato: 20.000,00 € (IVE do 21% incluído que ascende a 3.471,07 €).
O Concello de Arbo é un dos concellos adheridos formalmente ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, aprobado pola Comisión Europea o 15 de outubro de 2015, antes da solicitude da axuda.
Obxecto do contrato:
Coa actuación proposta preténdese crear un espazo público atenuando o efecto illa de calor urbana e fomentando a adaptación ao cambio climático. Para elo, executarase unha zona sombreada naturalmente con arbolado, unha senda e zonas de descanso. As actuacións a realizarán consistirán en:
A actuación proposta para “CREACIÓN DE ESPAZO DE OCIO ACUÁTICO FOMENTANDO ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR”, contribúe cos seguintes obxectivos e liñas da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050: Aumentar a resiliencia ao cambio climático.
Consiste no incremento da resiliencia ante o cambio climático dos sectores e actividades transversais. Inclúe liñas destinadas a fomentar unha estrutura territorial máis resiliente e con capacidade de adaptación, así como liñas específicas orientadas cara aos recursos naturais, a poboación e a auga e Reducir a vulnerabilidade do territorio ante os riscos xerados polo cambio no clima.
REMATADAS OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO SAN BENITO
REMATE DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN NO ENTORNO DO CRUCEIRO DE SELA
Rematadas as “Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela”, tras subvención concedida no importe de 3.022,02 euros por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, atopado na sesión do 1 de xullo de 2022, de acordo coas bases para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022.
Esta actuación conta con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de 3.022,02 euros en virtude de acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022, recibido o 06.07.2022; asumindo o Concello con cargo a fondos propios o importe restante de 3.255,94 €.
O Concello de Arbo presenta 2 novas accións dentro dos programas do Convenio asinado coa Asociación Érguete, para por en marcha o “ Programa de Prevención da Drogodependencia e outras conductas aditivas 2023”.
“Falemos de adolescencia” : para todos os pais e nais que teñan fillos nesas idades e queiran formarse e resolver dubidas nesta etapa.
“Formación en adiccións para profesionais”: para aquelas persoas que traballan especialmente con adolescentes, como asociacións, profesorado ou servizos sociais dos concellos.
Este novo servizo de prestación agrupada cos Concellos de Crecente, A Cañiza e Melón, permite por en marcha esta nova unidade, cubrindo unha poboación de 10.810 habitantes, e que vai dirixido a toda a comunidade en xeral, en especial a adolescencia e as súas familias, a través de diferentes actuacións.
O CONCELLO DE ARBO ESTENDERÁ ESTE CURSO A GRATUIDADE DO P.A.I
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011