Rehabilitación do casco histórico de Arbo
Obras de “Rehabilitación do casco histórico de Arbo”, tras resolución de concesión de Subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno de data 16 de xuño de 2023, no marco da convocatoria de subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2023
Orzamento: 3.049,59 € (IVE 21% incluido que ascende a 529,27 €). Esta actuación contou co financiamento ao 100% do Ente Provincial en virtude do acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra en data 16 de xuño de 2023, recibido no rexistro xeral do Concello o 20.06.2023 (R.E. 1233), e que deu lugar a tramitación da correspondente modificación de crédito nº17/2023 na modalidade de xeración de crédito aprobado por Resolución da Alcaldía nº 340/2023 de 22.06.2023.