MELLORA VIAL ACCESO A PORTELA - CUARTO

OBRAS DE “MELLORA VIAL ACCESO A PORTELA - CUARTO, de acordo coa concesión de subvención por Resolución  de 23.05.2024 da Dirección Xeral de Administración Local da  Vicepresidencia Segunda  e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,  ao abeiro da Orde 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concello de Galicia para o ano 2023, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486; DOG núm. 9 de 12 de xaneiro)

Importe do contrato: 48.396,94 (IVE do 21% incluído que ascende a 8.399,47 €).

A actuacións que se localizan no lugar de A Portela e o cuarto,  teñen por obxecto facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, conter noiros en marxe superior da calzada e canalizar as augas de pluviais e rega, saneando o pavimento deteriorado e ampliando no Lugar da Portela - Cuarto, limitada hoxe polo ancho do vial, o asentamento dunha parte do pavimento e o fluír superficial das augas pluviais e de rega que acentúan o efecto sobre o miso.

AS OBRAS A REALIZAR

  • As obras que se desenvolven no presente proxecto consisten na mellora do vial de acceso no Lugar da Portela, dentro do Concello de Arbo.
  • Comezasen coa roza e limpeza da vexetación en ambas as marxes do vial, para a continuación proceder á demolición, escavación e retirada do muro de cachotería existente (xa derruido un tramo no inicio da actuación) co seu transporte a entulleira ó novo lugar de emprego que se fixe polo Concello.
  • Seguirá, coa escavación en terras para a execución do novo muro de pedra granítica, drenaxe do trasdós, recheo de terras e perfilado de cuneta a revestir posterior, a execución das arquetas ao comezo e final de tramo e á revisión do caño de formigón enterrado que cruza o vial.
  • Demolerase o pavimento nos 55,00 ml da actuación e procederase ao saneo en profundidade das zonas onde se produciron asentos.
  • Seguidamente estenderase e compactará unha capa de 5 cms de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70 D na totalidade da obra. A superficie total será de 231,50 m2.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011