CONEXIÓN DE SANEMENTO EN ALMUIÑA A REDE XERAL
O CONCELLO RECIBE UNHA ACHEGA PARA OBRAS DE SANEAMENTO EN ALMUIÑA
Obras de “Conexión do saneamento en Almuíña á rede xeral”, tras resolución de concesión de subvención na liña en concorrencia non competitiva da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ao abeiro da ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro). PR483A. Fondo de Compensación Ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.
Orzamento: 31.738,52 € (IVE do 21% incluído que ascende 5.508,34 €)
As obras propostas consisten: Conexión de saneamento e reposición de pavimento