ACHEGA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA REDACCIÓN DE PROXECTO
O Concello de Arbo, recibe unha subvención para a redacción do “PROXECTO DE MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA GRANXA-ARBO” tras concesión de subvención pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Máis Provincia 2025 – Liña 4.
O proxecto de Mellora de humanización e mellora da mobilidade peonil en A Granxa, abrangue un
ámbito de actuación total de 955’37 m², que comprenden os principais camiños do núcleo tradicional
de A Granxa. Trátase dunha das zonas máis antigas do municipio e polo tanto de gran relevancia, cunha
morfoloxía urbana estritamente orgánica e tradicional, composta por rueiros de sección reducida
delimitada polos peches e fachadas das vivendas que se agrupan entorno á Capela de San Pedro, datada
do ano 1665.

.jpg)