O Concello de Arbo Asina un convenio coa Deputación para

O CONCELLO DE ARBO, ASINA UN CONVENIO COA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO DENOMINADO “ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE II FEDER-EELL-2019-000-499”

Arbo, a 25 de xuño de 2019.- O Pasado luns día 24 de xuño, o alcalde do Concello, Horacio Gil, asinaba un convenio coa Deputación para o Proxecto denominado “Iluminación Exterior Sostible II Feder-EELL-2019-000-499”

O instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía ((IDAE), acaba de concedernos unha achega do 80% de fondos FEDER para a execución do proxecto denominado “iluminación Exterior Sostible II Feder-EELLL-2019-000-499”.

Estas axudas van destinadas as entidades locais para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economia baixa en carbono do IDAE no marco do programa operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

Este proto presentouse  no segundo semestre do  2017. Nel están incluidas as actuacións de substitución dos puntos de luz existentes e das actuais iluminarias por Luminarias LED máis eficientes nas zonas que se indican dentro do termo municipal de Arbo.

O investimento elixible admitido polo IDAE para a realización das actuacións correspondentes no seu concello é de 99.595,76 €.-

De conformidade co “Acordo entre Beneficiarios”, asinado por este concello o Concello de Arbo e a Deputación de Pontevedra, con cargos aos seus propios fondos deberán achegar o 20% do investimento.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011