Contratación empresa de limpeza para desinfección CEIP Antonio Carpintero

O CONCELLO DE ARBO, REFORZA A LIMPEZA E DESINFECCIÓN NO C.E.I.P ANTONIO CARPINTERO DE ARBO

  • O servizo reforzarase coa contratación dunha empresa externa que realizará o servizo de limpeza e desinfección durante todo o horario lectivo.
  • O Concello de Arbo, tamén adquiriu unha fregadora eléctrica recentemente para facilitar a realizacións de ditas tarefas
  • A limpeza e desinfección diaria realizarase a partires das 10:00h de maneira continuada ata o remate da xornada escolar.
  • O cumprimento destas obrigas e a colaboración dos concellos coas direccións dos centros resulta imprescindible para garantir o inicio do curso 2020-2021 nas condicións esixidas nos centros educativos para a súa adaptación ao contexto da COVID-19.

 

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional e o conselleiro de Sanidade aprobaron pola resolución conxunta do 22.07.2020 o Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, que inclúe no seu apartado 4 as medidas xerais de limpeza.  Consonte as referidas medidas, cada centro disporá dun protocolo de limpeza e desinfección que formará parte do Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2020/2021.

Existen unha medidas xerais de limpeza nos centros para a súa adaptación ao contexto da COVID-19 no curso 2020-2021, segundo o protocolo marcado pola Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade e aprobado polo Consello Escolar do C.E.I.P Antonio Carpinteiro.

As tarefas de limpeza que realizara o persoal da empresa contratada na limpeza  diaria, iniciarase ás 10:00 horas nas zonas de uso común e nas superficies de contacto máis frecuentes como pomos das portas, mesas, mobles, pasamáns, chans, teléfonos, perchas, e outros elementos de similares características así como de billas elementos das cisternas e outros dos aseos.

Axustarase tamén a limpeza e desinfección das aulas compartidas de PT e AL, da aula 24, biblioteca, aula de informática,  do ximnasio e da aula de psicomotricidade á actividade diaria da mesma de tal xeito que entre clase e clase se proceda á súa limpeza e desinfección. Segundo o horario de uso, farase desinfección da aula de psicomotricidade, permitindo o seu uso en dúas quendas diarias de ser preciso.

Argumenta o edil  de Arbo que “por parte do Concello actuamos desde o primeiro momento ante esta crise sanitaria a nivel mundial que nos obrigou a cambiar en tantos aspectos da nosa vida, o escolar sen dúbida preocúpanos porque é onde entran en xogo os máis pequenos e as súas familias e é por iso que entre as nosas competencias nos colexios, a da limpeza verase reforzada xa que toda prevención é pouca”, polo cal persoal municipal realizou tarefas de desinfección e limpeza antes do inicio do curso escolar.

 

No horario de tarde, por persoal municipal como sempre foi habitual, procederase á limpeza e desinfección xeral do centro (aulas, biblioteca, despachos, portas, fiestras, pupitres...)  e das zonas exteriores, por ser estas as areas de lecer do alumnado.

 

Para poder cumprir co establecido, e  seguir  estritamente as recomendacións, algo que o Concello de Arbo ven realizando dende o primeiro momento – informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil -   resulta necesaria a contratación  de empresa externa por non contar o Concello de Arbo, nin con medios persoais nin materiais  suficientes para dar cumprimento ás obrigas esixidas e nos termos nos que figuran establecidos nos protocolos das autoridades Sanitarias.

Pola tarde será persoal municipal a que realizara as funcións de desinfección e limpeza en horario de tarde, para que o Centro de Ensino C.E.P. Antonio Carpinteiro este en condicións de ser utilizado a primeira hora da maña cando os alumnos e alumnas cheguen ao Colexio,  para tal fin o Concello de Arbo, tamén adquiru  unha fregadora eléctrica recentemente para facilitarlle a realizacións de ditas tarefas – remata o rexedor  que tamén informa que antes do inicio do curso escolar persoal municipal fixo unha limpeza e desinfección de todo o edificio e o seu entorno.

 

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011