I FÓRUM do Río Miño Transfronteirizo
O vindeiro 21 de xuño celebrarase en Valença (Portugal) o I FÓRUM do Río Miño Transfronteirizo, un espazo de encontro para os axentes sociais e económicos da zona que pretende ser o punto de partida para a construción dunha estratexia de cooperación intelixente en torno ao territorio do río Miño, entre Portugal e o sur da provincia de Pontevedra.
O Fórum está impulsado polo proxecto Smart Miño, cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, e del son socios a Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e a Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais.
INSCRIBETE NO SEGUINTE ENLACE: