V Certame de Corais
V CERTAME GALEGO DE CORAIS VILA DE ARBO.
O Concello de Arbo no seu interese por apoiar a cultura musical polifónica coral, organiza o V Certame de corais “Vila de Arbo” que terá lugar o día 14 de Maio do 2017 en horario de tarde no Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo.
Poderán participar todas as agrupacións corais que sexan da Comunidade Autónoma de Galicia e que non sexan profesionais nin pertenzan a ningunha escola profesional ou semiprofesional de musica, cun mínimo de vinte compoñentes , sen ningún tipo de acompañamento musical (soamente a capela). Si se incumprise esta base o grupo quedaría fóra do concurso.
Participarán un máximo de 7 agrupacións corais. As corais participantes serán seleccionadas polo Comité de Organización do V Certame Galego de Corais Vila de Arbo.
O xurado estará composto por personalidades do mundo da música que avaliarán os seguintes puntos: Afinación, técnica, interpretación e sonoridade. O presidente será o Ilmo. Sr. Alcalde de Arbo ou concelleiro en quen delegue con voz pero sen voto.
O prazo de inscrición rematará o 17 de Febreiro de 2017 ás 15.00 h. Para inscribirse as agrupacións interesadas enviarán a instancia en modelo que figura en Anexo a estas bases solicitando a súa inclusión no Certame e a documentación sinalada na Cláusula Terceira.
Durante o período de inscrición estará no concello de Arbo a dispor das agrupacións a obra obrigada para as corais que a soliciten poder enviarlla o seu enderezo.
A obra obrigada nesta edición no concurso e a seguinte; MORRIÑA. Autor José Fernández Vide. (Versión 4 v.m.)Salgado Valdés.
O fallo do xurado emitirase ao final da actuación das corais participantes sendo así os seguintes premios:
1º PREMIO SEGUNDO GIL DAVILA...........800 euros máis diploma acreditativo.
2º PREMIO ............................................. 400 euros máis diploma acreditativo.
3º PREMIO................................................200 euros máis diploma acreditativo.
PREMIO CONCELLO DE ARBO OBRA DE CONCURSO: 100 euros máis diploma acreditativo.
Diploma de participación para o resto das corais.
Arquivos
- Descargar: intancia.docx - 85,88 Kb.
- Descargar: obra obrigatoria certame de corais.pdf - 541,21 Kb.
- Descargar: bases certame de corais 2017.pdf - 771,32 Kb.