Xornadas futbolistica
O Concello de Arbo, organizou este ano as I Xornadas Futbolisticas", actividade comprendida dentro do verán cultural e na que os nenos e nenas en idades comprendidas entre 6 e 11 anos, asistiron durante tres días a esta iniciativa que foi todo un exito e que os nenos demandaban que continuase.
As xornadas, cumpriron coas expectativas de animar aos máis pequenos á práctica do deporte como unha actividade saudable, e que fomentan os valores como a amizade, o traballo en equipo dun xeito ameno e divertido.
A Clausura asistiu o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, que entregou aos nenos participantes agasallos en recordo de esta actividade.