Xornadas

Esta actividade de carácter gratuíta, que por primeira vez o concello de Arbo organiza,  o obxetivo desta iniciativa surxiu como unha maneira divertida  de ensinar os nenos as posibilidades coas que conta a nosa biblioteca, invitandos a achegarse máis de preto aos libros, e que poidan descubir que a lectura e un mundo divertido e maravilloso.

A biblioteca municipal conta con moitos e diversos libros de carácter infantil, dos que os nenos e nenas poderán disfrutar e incentivar coa axuda de todos a lectura.

Unha idea innovadora a  que os nenos responderon moi ben,  visitaron as instalacións da biblioteca, gozando dos libros e facendo uso do telecentro. Tamén se sumaron a esta labor de achegamento dos cativos a lectura,  os nenos e nenas participantes no campamento de verán, sendo este día o máis concorrido na biblioteca,  donde un numero aproximado de 25 nenos, guiados pola Bibliotecaria Matilde Fernández e a monitora do Campamento María Puga, coñeceron de primeira man historias incribles contadas por Matilde, xogos e aventuras relacionadas coa lectura, e como non os nenos visitaron o telecentro sito na parte superior da biblioteca e conducidos por María descubriron unha nova forma de internet.

Dende o concello, o Alcalde, Horacio Gil, quere animar a tódolos veciños e veciños, os maiores, os adolescentes, aos máis cativos …. A que se acheguen e se beneficien das ventaxas que a Biblioteca Segundo Gil Davila pode ofrecer, instalación municipal,  que no ano pasado se fixeron obras de mantemento e restauración, así como neste últimos meses dotación dalgun equipo informático, para o Telecentro situada na planta superior.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011