Mes de Xullo
O Concello de Arbo, fai unha valoración exitosa do primeiro mes do Campamento de Verán de Arbo
Neste mes coa axuda de Cristóbal Colón os nenos e nenas do campamento de Arbo puxéronse rumbo a América; con xogos, manualidades, películas e cancións estivemos descubrindo o continente Americano.
Tamen fixeron unha viaxe polo Antigo Exipto, as nenas e os nenos descifraron xeroglíficos, buscaron o tesouro de Tutankamon, xogaron e fixeron deporte.
Tiveron no campamento a visita da guardia civil cos seus cabalos, Habano e Ledo fixéronse moi amigos dos rapaces e rapazas.
Tamen fixeron saidas a piscina, os xogos o aire libre e un viaxe a praia.
Horacio Gil, alcalde de Arbo, recoñece a gran variedade de actividades que se realizan no campamento, que ademais de xogar os nenos tamen aprenden e que para os pais Traballadores o campamento e unha medida de conciliación, ao que asisten un total de 35 nenos.