Actividades Ler Conta
ARBO PROGRAMA CATRO ACTIVIDADES ESTE VERÁN PARA FOMENTAR A LECTURA NA súa BIBLIOTECA MUNICIPAL
Están incluídas no programa de dinamización da lectura, “ Ler conta moito”, da Xunta de Galicia
O Concello de Arbo, incluído no seu programa Verán Cultural para estas vacacións, programa catro actividades na súa Biblioteca Municipal para animar á lectura a través de accións atractivas que pretenden contribuír á promoción da mesma como un vehículo de enriquecemento e aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Estas representacións realízanse en Arbo a través do programa “Ler Conta Moito”, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos.