Medidas adoptadas en Servizos Sociais

O CONCELLO DE ARBO ADOPTA MEDIDAS SOCIAS PARA AXUDAR AOS COLECTIVOS MÁIS VULNERABLES

 

  • O Concello de Arbo activa un servizo de axuda para os colectivos máis vulnerables, seguimento exhaustivo para os maiores e as persoas que viven soas, servizo de taxi gratuíto para cubrir as necesidades básicas, novas altas no SAF ou a compra de alimentos e medicinas.

O Concello de Arbo dende que o goberno de España decretou o Estado de Alarma adoptou unha batería de medidas  coa finalidade de evitar a propagación do coronavirus e puxo en marcha diferentes actuacións destinadas a paliar calquera carencia que podan sufrir os colectivos máis vulnerables a causa do confinamento.

 

O goberno municipal, a través de Servizos Sociais, deu de alta a varios dependentes no Servizo de Axuda a domicilio e habilitou un servizo de compra de alimentos e medicamentos para que todos os usuarios do Servizo estivesen protexidos e non tiveran necesidade de saír da súa vivenda, así, as traballadoras de axuda no fogar, durante estes días intensificaron a súa actividade con estes novos cometidos.

 

Para todos os arbenses que padezan unha situación de necesidade  económica, dende o departamento de Servizos Sociais establecéronse as oportunas axudas a través do  Banco de Alimentos ou con axudas económicas para facer fronte ás necesidades básicas para que as familias que nestas circunstancias lles custe sufragar estes gastos podan facelo.

 

O Concello de Arbo, está adoptando as medidas necesarias, “para que nestas circunstancias extraordinarias os veciños e veciñas de Arbo conten con todos os servizos precisos para facer fronte a esta crise sanitaria que estamos a vivir”, manifesta o alcalde, Horacio Gil. “Outras das medidas que se están a adoptar dende os servizos municipais son as referentes á limpeza e hixiene das rúas, así como unhas medidas moi estritas na Praza de Abastos, onde ademais de desinfección e hixiene , dotouse de dispensadores e luvas para os usuarios, xunto cun estrito control por parte do persoal municipal para que se adopten as medidas sanitarias propostas, evitando aglomeracións dentro do mercado e limitando o uso das instalacións a unha persoa por posto mantendo sempre a distancia de seguridade” – remata o rexedor.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011