Informacion

Dacordo as recomendacións da Conselleira de Sanidade con relación  a situación actual do novo Coronavirus en Galicia, o Concello de Arbo  informa:

 

RECOMENDACIÓNS XENÉRICAS   

 

Hixiene de mans e hixiene respiratoria

 

- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar unha solución hidroalcohólica.

 

- Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.

 

- Practicar unha boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (despois de esbirrar, de tusir ou de usar panos) e/ou obxectos contaminados, deberanse lavar ben as mans.

 

- De ter síntomas de infección respiratoria, como febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea, hai que afastarse doutras persoas e manterse a unha distancia de, polo menos, 2 metros.

 

- Non se lles recomenda usar máscara como medida de protección a aquelas persoas que non estean enfermas ou que se atopen nun centro sanitario de acordo coas recomendacións que se establezan. Ao contrario, isto pode ser contraproducente e xerar unha sensación de seguridade que non é certa e, ademais, a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.

 - No caso das persoas máis fráxiles ou vulnerables, convén evitar,  espazos pechados cunha alta afluencia ou ocupación.

 

TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA

 

NO CASO DE QUE TEÑA ALGUNHA DÚBIDA OU NECESITE INFORMACIÓN RESPECTO AOS ASPECTOS ASISTENCIAIS DO NOVO CORONAVIRUS OU SE PADECE UNHA SINTOMATOLOXÍA LEVE, PODE CHAMAR AO TELÉFONO 900 400 116.

ACONSÉLLASE EMPREGAR O TELÉFONO 061 CON RACIONALIDADE E UNICAMENTE PARA SITUACIÓNS DE EMERXENCIA.

 

O alcalde. Horacio Gil Expósito

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE  


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011