Curso Primeros Auxilios

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN ARBO

O  Concello de Arbo organiza un curso de formación de 20 horas sobre primeiros auxilios. Será impartido por Formagal e realizarase nas instalacións do Museo  Arabo de Arbo do 4 ao 8 de febreiro en horario de 16.30 a 20.30 horas. O prazo de inscrición atópase xa aberto e finalizará cando se cubran as vinte prazas asignadas, sendo publicada a lista de admitidos por orde de inscrición.

O curso, que ten un custo de 25€ por alumno que serán pagados o primeiro día do curso o responsable da empresa que imparte o mesmo, contará con monitores expertos e especializados validados pola Xunta de Galicia e terá todo o material necesario a disposición dos aprendices para o seguimento do curso. Ademais, realizarase un seguimento e avaliación dos resultados. Os interesados poden dirixirse ao concello a solicitar a súa inscrición.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011