Remate obras Palco de San Benito

O PALCO DE MÚSICA DE SAN BENITO, RECUPERA A SÚA ESTETICA

  • O Importe do contrato  ascendeu a:  10.151,30 € (IVE incluído do 21% )
  • As obras foron financiadas pola Deputación de Pontevedra, polo Obispado de Tui e polo Concello de Arbo.

O Palco de San Benito, atopase nun lugar privilexiado, no entorno da Igrexa de Santa María de Arbo, uns dos altos do concelo do municipio arbense, desde donde podemos disfrutar das vistas de parte do territorio de Arbo e a Vila veciña MelgaÇo-Portugal

As obras Tiveron   como obxectivo principal a restauración do referido palco, para devolver a este elemento arquitectónico unha cuberta digna, conservando os seus elementos orixinais e reparando os que estean afectados por algunha patoloxía e sexan recuperables, substituíndoos en caso necesario por outros de igual deseño que os orixinais,  e sobre todo eliminando os engadidos ou transformacións sufridas que desvirtúan a súa imaxe, para garantir a súa durabilidade e mantemento.

As actuacións, centráronse sobre todo na parte máis dañada, que se atopaba totalmente atacadda pola corrosión, polo que foi necesaria a retirada coompleta para a súa posterior restauración, seguindo o esquema da sustentación orixinal.

O importe das obras ascenderon a 10.151,30 €.- que financiadas  coa achega da Deputación de Pontevedra que concedeu ao  Concello de Arbo unha subvención por importe de 4.031,77, así como  pola Diocese de Tui-Vigo  dacordo o convenio asinado o día 28.09.2020 onde esta última se compromete a colaboración no financiamento da actuación no importe de 3.500,00 euros e o concello que achegaou  dos propios fondos municipais 2.619,53  euros, e foi unha empresa local a encargada das obras de restauración e mellora do entorno do Palco de San Benito, na parroquia de Arbo.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011