O CONCELLO DE ARBO, DESTINA 99.595,76 €.- NA RENOVACIÓN DE 189 PUNTOS DE LUZ CON TECNOLOXÍA LED
• O investimento ascende 99.595,76 €.- financiado con fondos europeos e con fondos propios do Concello de Arbo
• Un proxecto europeo de aforro e eficiencia enerxética que permitirá substituir 189 puntos de luz por luminarias de led, no Concello de Arbo,
As instalacións dos novos sistemas de iluminación teñen como finalidade mellorar a súa eficiencia enerxética, substituíndo as existentes por outras que supoñen un consumo de enerxía máis reducido e respectuosa co medio ambiente, e o actual proxecto é complementario coas actuacións que xa se executan na iluminación de Arbo.
O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía ((IDAE), concedía unha achega do 80% de fondos FEDER para a execución do proxecto denominado “iluminación Exterior Sostible II Feder-EELLL-2019-000-499” para o Concello de Arbo
Estas axudas van destinadas as entidades locais para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono do IDAE no marco do programa operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.
Este proxecto presentouse no segundo semestre do 2017. Nel están incluídas as actuacións de substitución dos puntos de luz existentes e das actuais iluminarías por Luminarias LED máis eficientes nas zonas que se indican dentro do termo municipal de Arbo.