Contratación de persoal laboral temporal para o servizo de socorrismo

Bases para a contratación de persoal laboral temporal para a actuación denominada: servizo de socorrismo tempada estival nas piscinas municipais de Arbo, incluída dentro do programa fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais do ano 2017, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Bolsa de Emprego para o P.A.I

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO NO CONCELLO DE ARBO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS COMO EDUCADORA INFANTIL (P.A.I.)

PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA:

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento dunha bolsa de emprego para o posto de educadora infantil (P.A.I.), mediante contratación laboral temporal; eventual por  circunstancias da produción e de interinidade por substitución de traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, ao abeiro  do artigo 15 do texto refundido do estatuto dos traballadores coa finalidade de substitución de postos de traballo da categoría convocada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

- Baixas por incapacidade temporal.

- Xubilación parcial ou anticipada polo período que medie entre a xubilación e a cobertura da dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente.

- Acumulación de tarefas de carácter puntual do P.A.I.

- Calquera outra que esixa a inmediatez na contratación.

Dito persoal cesará automaticamente cando desaparezan as circunstancias que  motivaron o seu nomeamento determinadas no parágrafo anterior, ou ben finalice o proceso selectivo que se convoque para prover a cobertura definitiva do posto/s do P.A.I.

As funcións das/os educadores/as infantís serán as recollidas no Regulamento, no Proxecto Educativo e no Proxecto Organizativo de Centro do P.A.I. do Concello de Arbo.

Os contratos a subscribir, dependendo de cada caso, poderán ser:

a) De interinidade: Por vacante na praza, para substitución de persoal con dereito a reserva do posto por motivo de  ILT, baixa por maternidade, etc.

b)Por acumulación de tarefas.

Segundo se estableza en cada contrato de conformidade coas necesidades do Concello de   Arbo.

A xornada será completa ou parcial segundo se estableza en función das necesidades.  A xornada  máxima  non  excederá de  37 horas e 30 minutos semanais de luns a venres. 

 

 

 

 

 

Contratación dous traballadores

CONTRATACION DE PERSOAL PARA A ACTUACIÓN DENOMINADA: SERVIZO DE REPARACIÓN, LIMPEZA E ADECENTAMENTO DE LUGARES PÚBLICOS E COLABORACIÓN NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS DE ARBO, INCLUÍDA DENTRO DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL 2016.

O  postos seguintes:

-          (1)OFICIAL CONDUTOR

-          (1)PEÓN

O contrato da actuación terá unha duración de 6 meses, cunha xornada  diaria a tempo completo (100%),  baixo a modalidade contractual de “contrato de traballo de duración determinada de interese social”. As retribucións brutas totais mensuais do /a traballador/a, son as  establecidas segundo a publicación oficial do convenio colectivo que resulta de aplicación, correspondéndolles:

As persoas interesadas en tomar parte nesta contratación, deberán reuni-los seguintes requisitos:

1.    Requisitos específicos:

o   OFICIAL CONDUTOR: Estar en posesión do carné de conducir tipo C e CAP.

o   PEÓN: Estar en posesión do carné de conducir tipo B.

Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato

O Concello presentará oferta xenérica de emprego na Oficina Pública de Emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos que deban reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados.

O sistema de selección a empregar consistirá nun concurso de méritos, no que se procederá á valoración dos méritos alegados polos diferentes candidatos, coa finalidade de valorar a adecuación e idoneidade dos aspirantes remitidos polo Servizo Público de Emprego para o adecuado desenvolvemento das funcións, contidos e actividades do posto obxecto de cobertura.

A estes efectos, no proceso de selección valoraranse os méritos, cuxa documentación deberá entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Arbo,  no prazo máximo de tres días hábiles dende o día seguinte a comparecencia no Concello e entrega aos candidatos das  bases de selección.

 

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011