Programa de Iniciativas Locais

Por Resuolución do 20 de maio de 2019, ditada no procedemento BS305E, respecto das axudas para o programa de iniciativas locais destinadas á xuventude, ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria, concedese pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Conselleria de Politica Social ao Concello de Arbo unha achega por importe de 5.600 euros.

CHARLA SOBRE DEFENSA PERSOAL FEMININA NO AUDITORIO DE ARBO

CHARLA SOBRE DEFENSA PERSOAL FEMININA NO AUDITORIO DE ARBO

O  Concello de Arbo organiza, no Auditorio Multiusos, unha charla informativa o próximo 2 de febreiro ás 19.00 horas sobre un curso de Defensa Persoal Feminina.  A actividade ofrecerá información sobre adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación para mulleres ante diversas situacións. O proxecto pretende servir como ferramenta de prevención e  empoderamiento das mulleres desde unha visión que abarca os espazos físicos, emocionais e psicolóxicos, creando tamén unha cadea de unión entre mulleres comprometidas.

Na organización da charla e do curso colaboran a Asociación de Mulleres  Rurais e impárteo Juan José Martínez, adestrador de defensa persoal feminina.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011