Potección de datos

A protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais é un dereito fundamental protexido polo artigo 18.4 da Constitución española é exercerase con arranxo ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeneral de protección de datos, e Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Enténdese por dato de carácter persoal como toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable (persoa interesada); considerarase persoa física identificable toda persoa cuxa identidade poida determinarse, directa ou indirectamente, en particular mediante un identificador, por exemplo un nome, un número de identificación, datos de localización, un identificador en liña ou un ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social da devandita persoa.

 

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

Quen ten a responsabilidade do tratamento?

 

A responsabilidade do tratamento tena o órgano ou entidade que determina os fins e os medios do tratamento dos datos persoais. En cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeneral de protección de datos, comunicámoslle que responsable das actividades de tratamento dos seus datos é o Concello de Arbo.

Datos da institución responsable:

Concello de Arbo
Praza do Consistorio, 1
36430 Arbo, Pontevedra
986 66 50 00
rexistro@concellodearbo.gal

 

Existe un delegado/a de Protección de Datos con quen poida contactar?

 

Si; as persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de Protección de Datos (DPO) a través do correo electrónico rexistro@concellodearbo.gal

 

FINALIDADE DO TRATAMENTO E LEXITIMACIÓN

Que se considera tratamento de datos ?

 

Calquera operación realizada sobre datos persoais, tales como recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotejamiento ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.

 

Con que finalidade trataremos os seus datos?

 

O Concello de Arbo tratará os datos persoais das persoas interesadas, con carácter xeral, para xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar sobre a súa tramitación, verificar ou comprobar a exactitude dos datos persoais que as persoas interesadas declaren que xa obran en poder das administracións públicas ou que, previamente, achegáronse, así como para realizar notificacións e tramitar recursos. Ademais, os seus datos poderán ser tratados para xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.

 

Cal é a base que nos lexitima?

 

Con carácter xeral, no caso da actividade de procedemento administrativo a base xurídica dos tratamentos será o cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poder públicos. Tanto o interese público como os poderes públicos que xustifican o tratamento deben estar establecidos nunha norma de rango legal. En determinados supostos o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas interesadas. En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos persoais.

 

Durante canto tempo trataremos os seus datos?

 

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan tratados.

 

DESTINATARIOS DOS DATOS

Cederemos os seus datos?

 

Os seus datos poderán ser comunicados, segundo a lexislación vixente e sempre que sexa necesario para a xestión do procedemento ou petición, a outras administracións públicas no exercicio das súas competencias, a organismos financiadores, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios do Concello de Arbo para dar a publicidade legalmente esixida nos procedementos onde sexa necesaria. As cláusulas informativas básicas incluirán, en todo caso, aos destinatarios concretos dos datos.



a. Exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais

 

Que dereitos o/a amparan en relación co tratamento dos seus datos?

 

As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade dos datos, segundo ao establecido nos artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD).
Deste xeito, calquera persoa interesada ten dereito a obter confirmación sobre se no Concello de Arbo estamos a tratar datos persoais dos que vostede é titular.
Así mesmo, tal e como se prevé no RXPD, informámoslle que vostede ten os seguintes dereitos:

 

  • Acceder aos seus datos

A través do exercicio deste dereito pode coñecer os seus datos de carácter persoal que están a ser tratados por parte do Concello de Arbo, a finalidade deste tratamento, a orixe dos citados datos e se se comunicaron ou se lle van comunicar a un terceiro.

 

  • Rectificación dos seus datos

Consiste na posibilidade de que mediante o seu exercicio ante o responsable que trata os seus datos persoais modifique aqueles datos que sexan inexactos ou estean incompletos, debendo na solicitude de rectificación indicar que datos desexa que se modifiquen. A esta solicitude deberá achegarlle a documentación xustificativa correspondente.

 

  • Supresión de datos (dereito ao esquecemento)

A través do exercicio deste dereito poderá solicitar a supresión dos datos persoais sen dilación debida cando concorra algún dos supostos legalmente contemplados. Por exemplo, tratamento ilícito de datos ou cando desaparecese a finalidade que motivou o tratamento ou a recollida.
Con todo, existe unha serie de excepcións nas que non procederá este dereito. Por exemplo, cando deba prevalecer o dereito á liberdade de expresión e información.

 

  • Limitación do tratamento

Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos nos supostos contemplados pola lexislación vixente, que se conservarán unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións, tal e como prevé o Regulamento xeral de protección de datos.

 

  • Á portabilidade dos seus datos

En determinadas circunstancias terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban, que nos facilitará, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a llelo transmitir a outro responsable do tratamento.

 

  • Oporse ao tratamento dos seus datos

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular poderá oporse ao tratamento dos seus datos, caso no que deixariamos de tratalos salvo por motivos lexítimos imperativos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

 

  • Contactar coa persoa delegada de protección de datos

As persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos do Concello de Arbo polo que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos a través do correo electrónico rexistro@concellodearbo.gal

 

  • Dereito a non estar suxeito á toma de decisións automatizadas

Non estar suxeito a decisións que se basean unicamente en tomas de decisións automatizadas, o que inclúe a creación de perfís, cando a decisión poida ter un efecto legal sobre vostede.

 

  • Presentar calquera reclamación ante a autoridade de control

As persoas interesadas terán tamén o dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: C/ Jorge Juan, 6. 28001. Madrid ou a través da súa sede electrónica https://sedeagpd.gob.es.

 

Cando responderemos á súa solicitude?

 

Responderemos ás súas peticións o máis axiña posible e, en calquera caso, no prazo dun mes desde a recepción da súa solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario e previa comunicación, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.

 

Ten dereito a retirar o seu consentimento?

 

As persoas interesadas teñen dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

 

Onde debe dirixirse para o exercicio dos seus dereitos?

 

Para o exercicio dos dereitos recoñecidos as persoas interesadas deberán formular a petición correspondente por vía electrónica a través do formulario de instancia xenérica dispoñible na sede electrónica do Concello de Arbo ou presencialmente a través do formulario de instancia xeral e presentalo debidamente asinado na rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros dirixido ó Concello de Arbo.

 

b. Delegado/a de protección de datos

 

No Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD), disponse que os responsables e encargados de tratamento deberán designar a una persoa delegada de protección de datos (DPD) no suposto de que "o tratamento o leve a cabo unha autoridade ou organismo público", tanto en calidade de responsable coma en funcións de encargado de tratamento (art. 37.1.a RXPD).
Que responsabilidade ten a persoa delegada de protección de datos e en que lle pode axudar?
Un delegado/a de protección de datos ten que supervisar o cumprimento interno da normativa vixente en materia de datos persoais.

 

Cales son as funcións da persoa delegada de protección de datos?

 

No RXPD sinálanse entre as funcións da persoa delegada de protección de datos as de:

  • Informar e asesorar a persoa responsable ou encargada do tratamento e o persoal empregado que se ocupe do tratamento das obrigas que lles incumben, en virtude do RXPD e doutras disposicións de protección de datos da Unión ou dos Estados membros.
  • Supervisar o cumprimento do disposto no RXPD, doutras disposicións de protección de datos da Unión ou dos Estados membros e das políticas da persoa responsable ou da encargada do tratamento en materia de protección de datos persoais.

Para contactar coa persoa delegada de protección de datos do Concello de Arbo pode enviar un correo electrónico indicando a seguinte información obrigatoria: Nome, Apelidos e Contido da comunicación, podendo engadir opcionalmente a entidade que representa e o teléfono de contacto á seguinte dirección de correo: rexistro@concellodearbo.gal



c. NORMATIVA DE APLICACIÓN

 

 

 

 

 

 

 

Aviso legal

O Concello de Arbo a través do seu portal Web facilita a información de interese xeral ao pobo de Arbo, en especial, información e xestións propias e de organización municipal. A información publicada é vixente no momento da publicación.

O acceso ao sitio Web www.concellodearbo.gal atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do usuario, de todas e cada unha das condicións incluídas neste aviso legal.  O concello de Arbo non se fai responsable da consecuencia, dano ou prexuízo que puidera derivarse dese acceso a información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estricto exercizo das súas competencias.
O Concello de Arbo desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e actualizar a información a maior frecuencia posible. Poderá realizar modificacións e actualización, incluso retirar a  información contida no seu portal ou na configuración da presentación.

Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio Web  www.concellodearbo.gal así como dos os seus contidos pertencen ao Concello de Arbo salvo que se indique unha titularidade diferente. Ningún usuario está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización persoal e privada. Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio anteriormente citado con fins informativos e de servizo, sendo o usuario, o único responsable do mal uso dos mesmos. Queda así prohibida a modificación, compilación ou a utilización comercial de calquera parte da mesma.

Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na Web son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas nos mesmos sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou profesional entre os usuarios e o Concello.
Os enlaces que posibiliten o acceso a través do sitio Web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control do Concello, polo que non se fan responsábeis nin da información contida nos mesmos nin de calquera efecto que puidera derivarse de dita información. O motivo da súa inclusión é consideralas de interese público.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011