Punto Limpo
No ano 2004, o Concello de Arbo asinaba un convenio de colaboración coa Conselleria de Medio Ambiente para executar as obras de creación dun punto lipo cun investimento de 175.000 €.-.
O Puntos limpo é un recinto ubicados no lugar de Chan – Arbo, co obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de aportación voluntaria para a recollida selectiva dos rexiduos xerados no ámbito domiciliario.
Como obxetivos fundamentais do Concello de Arbo coa creación e funcionamento do punto limpo esta a recuperación dos materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe directa (vidrio, carton, envases… ), evitar o vertido incontrolado de voluminosos ( mobles, electrodomésticos, escombros), separar os residuos perigosos xerados no fogar dos que a elminación conxunta co resto dos lixos urbanos ou mediante o seu vertido á rede de saneamentos, repesentaria un risco para o medio ambiente e a saúde pública ( pilas, fluorescente, rodas… e sobre todo a reducción do volumen dos rsiduos a tratar ou eliminar nos vertedoiros controlados.
Están dotados de contenedores específicos para os distintos tipo de refugallos susceptibles de entrar nos circuitos de reutilización e reciclaxe, e para aqueles, que debido ás súas características tóxicas ou perigosas, deben ser xestionados de acordó coa lexislación vixente nesta materia.
As operacións de xestión de residuos levaranse a cabo sen poñer en perigo a saúde humana e sen utilizar procedementos nin métodos que poidan prexudicar ao medio e, en particular, sen crear riscos para a auga, o chan, nin para a fauna e flora. Neste sentido deberán axustarse ás prescricións e normativa vixente en materia de Seguridade e Saúde Laboral.
Os usuarios do Punto Limpo serán os cidadáns/particulares do termo municipal de Arbo. Os residuos mínimos admisibles serán os seguintes:
- Residuos voluminosos: colchóns, somieres, mobles, etc. ata un máximo de 60 Kg/1 moble por entrega e día.
- Aparatos eléctricos e electrónicos.
- Electrodomésticos ata un máximo de 2 unidades por entrega e día.
- Frigoríficos ata un máximo de 1 unidade por entrega e día
- Vidro.
- Cristais planos, como fiestras e espellos ata un máximo de 10 Kg por entrega e día.
- Papel y cartón.
- Metais.
- Envases lixeiros: latas, tetra-brik, botellas e garrafas de plástico.
- Roupa usada.
- Fluorescentes ata un máximo de 3 unidades por entrega e día.
- Aceites doméstico e mineral ata un máximo de 5 litros por entrega e día.
- Envases de disolventes, pinturas e vernices ata un máximo 1 Kg por entrega e día.
- Escombros procedentes de obras menores de construción y reparación domiciliaria con un máximo de 55 Kg por entrega e día
- Pilas de uso doméstico usadas.
- Pneumáticos de reposición procedentes de particulares obxecto do RD 1619/2005, sobre a xestión dos NFU, hasta un máximo de 5 pneumáticos por persoa e ano e sen llanta.
- Radiografías.
- Baterías
- Aerosois ata un máximo de 10 unidades por entrega e día.
No se admiten:
- Non se admitirán os residuos seguintes:
- Residuos orgánicos domésticos.
- Materiais radioactivos.
- Materiais inflamables o explosivos.
- Residuos infecciosos.
- Pneumáticos, no resto de casos non comprendidos no apartado anterior.
- Recipientes voluminosos que haxan contendo materiais tóxicos o perigosos.
- Residuos sen segregar.
- Residuos sen identificar.
- Medicamentos
- etc.
No punto limpo:
- O persoal municipal procederá a :
- recepción dos residuos.
- identificación do usuario e indicación do contedor onde debe depositalo segundo clasificación do residuo.
- atención ao usuario (información, asesoramento e axuda), sen prexuízo da colaboración ou asesoramento que poida requirir da empresa adxudicataria.
- atención do punto limpo e axuda aos cidadáns que vaian utilizar a instalación facilitando información ao público, así como as normas de uso aprobadas polo Concello.
TELEFONO: 647723730