Banda de Musica do Municipio de Arbo

Todo comezou no ano 1991 cando, por iniciativa do alcalde D. Manuel Rivera, iniciase o proxecto de restauración da banda de música de Arbo coa axuda dos Mestres Ignacio, Manuel González (Lito), Joaquín e Antonio.

Pero será no ano 1993 coa chegada de Victor Fernández Nogueiras e Jesús Iglesias cando a escola da banda de música de Arbo colla o impulso necesario para, así no ano seguinte (abril do 1994) faga a súa presentación na festa da lamprea, apadriñadapola Unión musical de Valladares e baixo a dirección de D. Victor Fernández Nogueiras.

 

Da man de Victor Fernández, pronto chegarían os éxitos xa que no ano 1999 con tan so 5 anos de existencia, a banda de música de ARBO consegue dar a sorpresa en Valencia acadando o primer premio e mención de honra na 3ª Categoría, convertíndose na primeira banda, fora da comunidade valenciana, que consegue este galardón.

Os premios seguirían chegando para esta xoven agrupación:

·         Certamen internacional  de Valencia 1999-1º Premio e Mención de Honra (3ª Sección)

·         Certamen internacional  de Valencia 2001 - 2º Premio (2ª Sección)

·         II Certamen Provincial de Pontevedra 2002 - 1º Premio e Mención de Honra (3ª Sección)

·         III  Certamen  Provincial  de  Pontevedra  2003 - 1º Premio (3ª Sección)

·         IV Certamen Provincial de Pontevedra 2004- 1º Premio e Mención de Honra (3ª Sección)

·         VI  Certamen   Provincial   de   Pontevedra  2006­­ -  1º Premio  (3ª sección)

·         I   Certamen de Bandas de Música, zona sur 2008- 1º premio(3ª sección)

·          II  Certamen de Bandas de Música, zona sur 2009- 2º premio   (3ª sección)

Ademais de participar en numerosos concertos por toda a xeografía galega, Portugal, Badaxoz, Asturias, Valencia … a banda de música de Arbo edita douscds: o primerio “Vila de Arbo” e o segundo foi editado no 2004 co motivo do X aniversario da banda.

No ano 2011 faise cargo da banda D. Cesar Posada e en tan so un ano de traballo, a banda de música de Arboacada o primer premio no certame provincial celebrado en Vilagarcía no ano 2012.

Neste xx aniversario a directiva da banda de Arboquere acordarse de Manuel González (Lito) e Joaquín Puga, Mestres fundadores que axudaron incondicionalmente a nosa banda e pordesgraza, xa non están con nós.

Tamén queremos agradecer a Manuel Rivera como presidente honorífico e impulsor da nosa creación, Antonio Puga, Jesús Iglesias, como Mestres fundadores e sobre todo a Victor Fernández (director fundador) que foi capaz de sacar o mellor de cada un de nós  e de convertir a nosa agrupación nunha das máiscoñecidas de Galicia.

Por último, queremos agradecer o Concello de Arbo e a Fundación “Segundo Gil Davila“asúa importante axuda económica que fan posible que a nosa agrupación siga cumplindo anos.

Seguiremos esfonzándonos para que, cobotraballo do noso director Cesar Posada, sigan chegando os éxitos.

Grazas a tódolos músicos que durante estes 20 anosparticipastesnesteproxecto

 

Coral Polifonica

A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996,coa finalidade de contribuír a difusión do canto tradicional e popular na súa mais pura esencia, creando un vencello de unión con outros pobos e outras culturas, contando sempre co apoio do Concello de Arbo, o cal esta Coral representa dentro da súa humildade coa maior satisfación. Esta composta por 35 voces mixtas, e dende o seu inicio esta dirixida por D. Víctor Fernández Nogueiras, gran profesional da musica e gran  experto na dirección de masas corais, actividade a que se dedica plenamente, dirixe ademais a Coral Sta. Baia de Mondariz e o Orfeón Condado Paradanta. A Coral de Arbo comezou a súa actividade participando en Misas e Concertos a nivel local e comarcal.

A medida ca súa formación se consolida, as súas actuacións foron mais relevantes. Percórreo moitos pobos e cidades de Galicia, moitas cidades de España, onde as súas actuacións tiveron grande acollida. Formou parte da Organización dos Encontros internacionais de Corais do Baixo Miño,que cada ano se celebran en distintas cidades e pobos de Galicia e Portugal, coa participación de gran numero de masas corais, a cal enriquecen a súa cultura musical e favorece o bo entendemento e irmandade entre outros Países veciños e amigos, onde a música é a máxima expresión dos nosos sentimentos.Realizou varios concertos acompañada da banda municipal de Arbo interpretando concertos líricos ,opera,musicais etc,tamén foi acompañada do prestixioso pianista Alejo Amoedo.E Colaboradora no Certame galego de corais Vila de Arbo dende que se iniciou este evento no ano 2013.

Premios acadados:

2º premio panxoliñas Catedral de Tui ano 2011.

2º premio panxoliñas Catedral de Tui ano 2015.

Como integrante do Orfeon Condado Paradanta.

● Premio a mellor interpretación de habanera "Villafranca de los

Barros "Badaxoz ano 2006.

● Ano 2007 -II Premio á Panxoliña inédita "O rei Salvador"

● Ano 2008 -II Premio á Panxoliña inédita" Naceu o Nadal"

● Premio a mellor interpretación de habanera "Villafranca de los
Barros "Badaxoz ano 2011

● I Premio Panxoliñas na catedral de Tui ano 2012

● II Premio Panxoliñas na catedral de Tui ano 2013

●II Premio no II Certame Galego de Corais ano 2014

e premio a mellor interpretación  a obra de concurso Negra Sombra.

●  I Premio panxoliñas na Catedral de Tui ano 2015

 

A.C A Vella Barca

A Asociación Cultural “A Vella Barca” fundouse en Arbo en marzo de 2014. Foi creada por un grupo de amigos amantes do folklore galego promovidos pola necesidade de transmitir fielmente a música, os cantares e os bailes de toda a xeografía galega.

A través dos traballos de recolllida de campo por tódolos recunchos da nos aterra, tentando ser o máis fieis posibles, reproducimos os bailes típicos de cada zona debidamente ataviados coa vestimenta e a xoiaría da época e acompañados por fermosas melodías intentando manter as representacións dos nosos antergos.

O noso grupo artístico está composto por 4 seccións:

- Grupo de Pandereteiras e grupo de Pandereteiros: formación de mulleres e homes respectivamente, que interpretan numerosas pezas con diversos instrumentos tradicionais, atendendo aos diferentes ritmos de cada zona (jotas, muiñeiras, pasodobres…) e aos xeitos de cantar da nosa comunidade.

Dentro desta sección contamos tamén cun grupo de voces infantís, que intentan reproducir os nosos cantares.

- Grupo de Baile: composto por 6 parellas mixtas, é o encargado de representar tódalas danzas e bailes característicos de Galicia, elaborados a través de gravacións feitas ás persoas maiores que aínda recordan o xeito de bailar dos seus país e avós. Estes bailes están representados da maneira máis fidedigna posible, sen desvirtuar ningún dos seus detalles.

Dentro desta sección tamén contamos cun grupo infantil.

- Charanga tradicional: formada por gaitas, saxofón, clarinete, pandeireta, tambore e un bombo con platos. O seu repertorio baséase fundamentalmente en músicas bailables, recollendo o testemuño doutras formacións instrumentais anteriores nas que a gaita era o instrumento principal á que se lle engadiron a percusión, amenizando as festas do pobo e arredores.

 

Teléfono: 697848454, 696133755

Correo electrónico: a.c.avellabarca@gmail.com

Incluidos dentro del  Plan Cultural de la Diputación en el apartado de Grupos Folclóricos (A) 

Asociacion Equinos

No primeiro trimestre do ano 2014, un grupo de vecinos de Arbo dirixidos por Manuel Enrique Rodriguez Lopez “KIKE”,  crea a Asociación Deportiva de Arbo Equinos,  que ten como fins principais crear un centro donde toda persoa podrá practicar deporte, actividades deportivas e ofrecer un abanico de actividades deportivas para gusto de todos os socios e demais vecinos que queiran participar.

 

Entre as actividades que se levan a cabo no Pavillon Polideportivo de Arbo esta o mantemento físico, estiramentos musculares, aerobic, step, pilates, boxeo, full-contac  e zumba.

Dentro da Asociación creouse o Grupo de Baile Activo Zumba Dance, donde entre outros en colaboración co Concello de Arbo,   levan dous ano actuando o Domingo da Festa da Lamprea e Bailando na Praza do Concello en verán para dar a  coñecer o espectáculo que cada ano renovan e facer participes a todos os espectadores do divertido que pode ser o deporte.

Para calquera información do horario  e as actividades que se realizan asi como para poder estar o corrente das actividades e datas nas que Zumba Dance ten as súas actuación dirixirse a KIKE Teléfono  650 42 47 40 (monitor) 

 

 

Asociación Cultural Evaristo de Sela

 

A Asociación Cultural Evaristo de Sela nace no ano 1999 coa intención de convertirse en vehiculo dinamizador da cultura na parroquia de Sela. Leva o nome do noso máis ilustre veciño, Evaristo González Fernández (Sela, 1917-Vigo, 1994), que firmou toda a súa obra literaria e de traducción como Evaristo de Sela en homenaxe a parroquia de nacenza. É autor dunha extensa obra poética que comeza no ano 1944 coa publicación de Amar (Vigo, Imprenta Roel) e  remata ata o de agora con Versos de preso e outras rimas (Edicións do Castro 2000), ademáis de centos de poemas inéditos que titulou Cadencias. No campo da traducción é da súa autoria verter a obra de Homero (A ILíada e a Odisea) de grego clásico ó galego, así como a traducción de poetas contemporaneos gregos no libro: (1992).

En todos estes anos de existencia, a Asociación Cultural Evaristo de Sela leva organizado decenas de actos culturais, sobresaindo a homenaxe organizada en conxunto co concello de Arbo en novembro de 2011 a Evaristo de Sela co descubrimento dunha placa conmemorativa na casa natal. Neste acto interviron diversas personalidades do mundo das letras galegas, destacando os académicos Xesús Alonso Montero e Victor F. Freixanes.

Ese mesmo ano nace o boletín Seliña, órgano de difusión cultural da Asociación e que ven de acadar o nº 25. Esta publicación, de caracter trimestral, serve de voceiro da Asociación así como de difusor da obra edita e inédita de Evaristo de Sela. Ó mesmo tempo trata  temas de caracter histórico, etnográfico e tradicional da parroquia de Sela.

No ano 2014, A Asociación funda o seu grupo de teatro, que leva por nome o mesmo que o boltín, Seliña. Nestes preto de tres anos de existencia, o grupo de teatro leva representado por diferentes escenarios do sur da provincia de Pontevedra as obras Os vellos non deben de namorarse de Castelao e Tres historias para lelas da autoría do taller de teatro da propia Asociación.

No compromiso da Asociación Cultural Evaristo de Sela coa parroquia de Sela e coa súa cultura e tradición, estamos a levar a cabo diversas actuacións como son un programa de iniciación a lectura, a recuperación de toda a microtoponimia así como a catalogación de porrerías, das que levamos acadando máis de 1000. En todos estes anos de existencia levamos organizado seráns, labradas e xornadas de convivencia entre os máis de cen socios que forman esta gran familia.

A colaboración coas outras Asociacións do Concello e con todas as institucións que nolo pidan é outra das facetas da asociación. Así, temos participado xunto coa Asociación Cultural Barca do Loimil e coa Asociación Cultural A Vella Barca en diferentes ocasións. Apostamos pola cultura en todas as súas facetas

DATOS DE CONTACTO

Grupo de Teatro Seliña

Asociación Cultural Evaristo de Sela

Dirección: A Praza, 95

36494 - Sela (Arbo)

Antonio Lorenzo Sarandón 666 28 29 44

Agapito Valado Fernandez  628 55 65 49 

www.facebook.com/asociacionculturalevaristodesela

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011