PROGRAMAS

O Concello de Arbo presenta 2 novas accións dentro dos programas do Convenio asinado coa  Asociación Érguete, para por en marcha o “ Programa de Prevención da Drogodependencia e outras conductas aditivas 2023”.

“Falemos de adolescencia” : para todos os pais e nais que teñan fillos nesas idades e queiran formarse e resolver dubidas nesta etapa.

“Formación en adiccións para profesionais”: para aquelas persoas que traballan especialmente con adolescentes, como asociacións, profesorado ou servizos sociais dos concellos.

Este novo servizo de prestación agrupada cos Concellos de Crecente, A Cañiza e Melón, permite por en marcha esta nova unidade, cubrindo unha poboación de 10.810 habitantes, e que vai dirixido a toda a comunidade en xeral, en especial a adolescencia e as súas familias,  a través de diferentes actuacións.

 

P.A.I GRATUITO

O CONCELLO DE ARBO ESTENDERÁ ESTE CURSO A GRATUIDADE DO P.A.I

 

  • O Concello de Arbo, aprobaba en Pleno a ordenanza Fiscal para establecer a  gratuidade da prestación deste servizo da atención educativa no PAI de Arbo a partir do próximo curso 2022-2023, segundo o disposto na Lei 18/2021, do 27 de decembro, que modifica o título da disposición adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

 

  • Os custes da gratuidade serán asumidos pola Xunta de Galicia:  "axudas recibidas a través da Consellería de Política Social e Xuventude para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís e Puntos de Atención á Infancia 2022/2023"

PLAN CONCELLOS 2023

PLAN CONCELLOS 2023 - PROGRAMA DESTINADO Á AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS CON ENTIDADES FINANCEIRAS, ACREDORES DE GASTO CORRENTE E INVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO DE GASTO CORRENTE DERIVADO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS E/OU DERIVADO DA REALIZACIÓN DE ACTOS CULTURAIS, DEPORTIVOS, SOCIAIS, ETC NÚMERO DE EXPEDIENTE: 2023005272 DENOMINACIÓN DA ACTUACIÓN: “GASTO CORRENTE PAGO SOGAMA” BENEFICARIO: Concello de ARBO ASUNTO: Concesión de subvención; compromiso de gasto que importa 10.428,97 euros

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A “URBANIZACIÓN DO CAMIÑO DA BOUZA”.

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A  “URBANIZACIÓN  DO CAMIÑO DA BOUZA”.

  • Importe do contrato: 199.466,87 (IVE  do 21% incluído que ascende a 34.618,22 €)

 

  • Prazo de execución fíxase no proxecto técnico en TRES (3) MESES.
  • Concello conta cunha achega da Deputación de Pontevedra incluído no Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2022-2023, dentro da Liña 1 – Investimentos – ANUALIDADE 2023

O CONCELLO DE ARBO ACOMETERÁ OBRAS DE “HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO SAN BENITO

O CONCELLO DE ARBO ACOMETERÁ OBRAS DE “HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO SAN BENITO

  • Orzamento: 35.881,35 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 6.227,34€)
  • Coas obras proxectadas preténdese optimizar o servizo que ofrece o camiño e mellorar a seguridade viaria do mesmo, xa que, na actualidade, é un vial moi estreito e perigoso.

 

  • O Concello conta cunha achega da Deputación provincial de Pontevedra-  Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencias municipal para a anualidade 2022-2023, dentro da liña 1 – Investimentos

 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011