O Programa Lecer Consumo no Campamento de Verán

O PROGRAMA DA ESCOLA GALEGA DO CONSUMO DA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA VISITA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DE ARBO

Arbo, agosto de 2019- O Pasado 14 de agosto de 2019 a Escola Galega do Consumo da Xunta desprázanse ao CEIP Antonio Carpintero para impartir as actividades de LecerConsumo aos nenos e nenas participantes no campamento de Verán do Concello de Arbo

A actividade LecerConsumo, solicitada  polo Concello de Arbo para aos nenos e nenas do campamento de verán,  é un programa estacional que desenvolve a Escola Galega do Consumo nos meses de verán. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, a alimentación sa e equilibrada, a etiqueta ou as TIC.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011