Xestion e Recollida de Residuos

RECOLLIDA, TRANSPORTE, XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE ARBO, E DA RECOLLIDA ORDINARIA DOS CONTADORES DE PAPEL/CARTÓN DO CONCELLO

O concello de Arbo, ven de  adxudicar e contratar a prestación dos servizos de “Recollida, transporte, xestión e tratamento de residuos do punto limpo do Concello de Arbo, e da recollida ordinaria dos contadores de papel/cartón do Concello”, mediante procedemento negociado sen publicidade, deste servizo, admitindo entre os criterios de selección o prezo máis baixo e outros criterios obxectivos que garden relación co obxecto deste contrato; establecendo a súa duración nun ano, coa posibilidade da súa prórroga por outro ano máis por mutuo acordo das partes.

En  Resolución nº 208/15 de 22.05.15 resolveu aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas para a adxudicación do contrato de prestación dos referidos servizos, mediante procedemento negociado sen publicidade ao abeiro do disposto no artigo 174 e), en relación co artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público; ao mesmo tempo que aproba o  expediente de contratación e autoriza o gasto  correspondente a este ano 2015 con cargo á aplicación orzamentaria 1621.227 prevista no Orzamento prorrogado cara o exercicio 2015, asumindo o compromiso de dotar o crédito  necesario para asumir as obrigas económicas deste contrato no orzamento 2016 e nos orzamentos ao que estende a duración deste contrato, incluídas as posibles prórrogas por mutuo acordo das partes.

 

EXPOSICIÓN

 
O Concello de Arbo, acolle unha exposición sobre a Biodiversidade de Galicia

A Sala de Exposicións do Centro de Interpretación del Vino y la Lamprea de Arbo “ARABO”, acollerá este mes a Exposición “Galicia Diversidade”, dende os días 11 ata o 28 de Xullo. Esta iniciativa da Concellería de Turismo e Concellería de Medio Ambiente do Concello de Arbo,  en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) pretende fomentar a educación ambiental e a Concienciación social para unha mellor conservación do entorno, foi deseñada co fin de dar a coñecer os diferentes ecosistemas, especies e variedades xenéticas que se conservan en Galicia e concienciar os visitantes sobre o valor e a importancia da biodiversidade e favorecer o desenrolo de comportamentos positivos para a conservación das especies e dos seus hábitats.

Os horarios de visita  MARTES   A  DOMINGO, Manana: 12:00h  a 14:00h, Tarde: 17:00h a 21:00h

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011