Xestion e Recollida de Residuos
RECOLLIDA, TRANSPORTE, XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE ARBO, E DA RECOLLIDA ORDINARIA DOS CONTADORES DE PAPEL/CARTÓN DO CONCELLO
O concello de Arbo, ven de adxudicar e contratar a prestación dos servizos de “Recollida, transporte, xestión e tratamento de residuos do punto limpo do Concello de Arbo, e da recollida ordinaria dos contadores de papel/cartón do Concello”, mediante procedemento negociado sen publicidade, deste servizo, admitindo entre os criterios de selección o prezo máis baixo e outros criterios obxectivos que garden relación co obxecto deste contrato; establecendo a súa duración nun ano, coa posibilidade da súa prórroga por outro ano máis por mutuo acordo das partes.
En Resolución nº 208/15 de 22.05.15 resolveu aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas para a adxudicación do contrato de prestación dos referidos servizos, mediante procedemento negociado sen publicidade ao abeiro do disposto no artigo 174 e), en relación co artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público; ao mesmo tempo que aproba o expediente de contratación e autoriza o gasto correspondente a este ano 2015 con cargo á aplicación orzamentaria 1621.227 prevista no Orzamento prorrogado cara o exercicio 2015, asumindo o compromiso de dotar o crédito necesario para asumir as obrigas económicas deste contrato no orzamento 2016 e nos orzamentos ao que estende a duración deste contrato, incluídas as posibles prórrogas por mutuo acordo das partes.