Voluntariado Social
É un programa que potencia as intervencións profesionais realizadas no municipio a partir da acción voluntaria, altruísta e responsable da xente, podendo chegar así a elementos da situación social que de outro modo sería imposible detectar polos diferentes profesionais.
Ten por obxectivo sensibilizar e motivar a persoas ou grupos do municipio cara a participación no voluntariado, recoller propostas dos voluntarios para xerar novas áreas de actuación e difundir publicamente as accións voluntarias para que a sociedade coñeza e valore a súa labor.
As áreas onde se levan a cabo estes servizos de voluntariado son as seguintes: protección civil, medio ambiente, formación, cultura e ocio, educación, saúde, atención aos maiores, infancia, mulleres, persoas con discapacidade ou colectivos en risco social.
Os destinatarios deste programa son persoas maiores de dezaseis anos de idade. Cada voluntario decidirá o tempo que quere participar e poderá escoller a área que mais lle interese.