O Concello de Arbo convoca un concurso de comparsas para celebrar, o próximo domingo 7 de febreiro, o Entroido 2016.
Os que dexesen concursar, deberan anotarse no Concello ou ata unha hora antes do inicio do desfile. No segundo caso persoal do Concello ou de algún Concelleiro identificado durante os momentos previos ao inicio do desfile. O prazo para anotarse no Concello remata o venres 5 de febreiro ás 13:00 horas.
Cada unha das comparsas nomeará a un representante maior de idade que formará parte do Xurado. Esta persoa non poderá formar parte da comparsa. A puntuación das comparsas de 5 a 14 membros e das comparsas de 15 ou máis membros serán separadas.
Para as comparsas de 15 ou mais membros, establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 450 euros. A segunda, un premio de 225 euros. A terceira un premio de 100 euros e a cuarta percibirá un premio de 50 euros.
Para as comparsas de 5 a 14 membros membros establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 130 euros. A segunda, un premio de 70 euros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta percibirá un premio de 30 euros.
Para as comparsas infantís (15 ou máis membros menores de 12 anos) establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 140 euros. A segunda, un premio de 70 euros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta percibirá un premio de 30 euros.
Para a mellor mascarita establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 70 euros. A segunda, un premio de 35 euros. A terceira un premio de 20 euros e a cuarta percibirá un premio de 20 euros.
A entrega dos premios realizarase o domingo día 7 de febreiro.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011