Imaxes Andaina 2016
O Concello de Arbo quere agradecer a asistencia a tódolos participantes nesta I Andaina da Lamprea que tivo lugar o domingo día 5 de xuño. Foi a primeira, e os participantes rondaron os 150, senderistas que marcharon moi contestos coa organización e xentes da nosa vila, disfrutando da natureza, paisaxe e patrimonio.
Seguiremos na mesma liña, facendo actividades para promocionar as nosas paisaxes, os nosos ríos, a nosa hostalería e restauración e facer de Arbo un atractivo punto turístico.
O Concello de Arbo quere agradecer ó Colectivo Mais Monte a súa colaboración na realización desta Andaina.