Curso Defensa Personal Femenina

 

 CURSO DE DEFENSA PERSONAL FEMENINA  NO CONCELLO DE ARBO

O  Concello de Arbo organiza, no Pabellón Municipal de deportes, unha curso de defensa persoal feminina o próximo 23 de febreiro dende ás 19.30 horas ás 21.00horas. O Custe do curso son 15 Euros e o prazo de inscripción que se realizara no concello de Arbo, remata o 22 de febrero

Con esta actividade pretendese contribuir a erradicar a lacra social que representa a violencia de xénero, enseñandolle a muller cómo protexer a sua integridade a través de Técnicas Específicas de Defensa Persoal. Fomentar a idea de prevención entre as mulleres dándolle pautas concretas de actuación no fogar, na calle ou calquera outro lugar. Promover a Igualdade entre homes e mulleres en tódas as áreas de actuación, en especial as relacionadas co desenrrolo do curso. Este será o terceiro curso que se vai a realizar en Arbo de Defensa Persoal, un curso con moi boa acollida e demandado pola sociedade.

A persoa encargada de levar adiante o curso de  Defensa Persoal para Mulleres é:  D. Juan José Martínez Ordóñez. Cinturón Negro 4º Nivel de Kung-fu. Instructor Regional de kung-fu. Adestrador de Defensa Persoal Femenina Nivel 1, que manifesta ; A Defensa Persoal para Mulleres, ademáis dun ben social, en termos de mellora da saude, vitalidade e reforzo das capacidades e habilidades da muller, constitúe un reto en termos de igualdade de xenero, polo que e necesario desenrrolar actividades que lle den a muller, confianza e seguridade a través de pautas concretas de actuación ante diversas situación e  que o obxetivo principal dos cursos e lograr que as mulleres participantes se sintan ben, fomentando e propiciando un ambiente seguro, cercano e cálido.

Charla Defensa Persoal Feminina

 Dende o Concello  de Arbo unha maneira que temos de contribuir a potenciar a igualdade e a vez, erradicar a lacra social que representa a violencia de xénero, é a través do fomento do deporte femenino é en particular de Programas de Defensa Persoal para Mulleres. Esta actividade aporta cercanía, seguridade e confianza a muller.

o pasado sabado, e coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Arbo, tivo lugar a Charla sobre o curso que se vai a impartir de Defensa Persoal Feminina.

Durante a Charla o monitor Juan José Martínez, adestrador de defensa persoal feminina que impartira o curso informou: 

"A Defensa Persoal para Mulleres, ademáis dun ben social, en termos de mellora da saude, vitalidade e reforzo das capacidades e habilidades da muller, constitúe un reto en termos de igualdade de xenero, polo que e necesario desenrrolar actividades que lle den a muller, confianza e seguridade a través de pautas concretas de actuación ante diversas situacións."

 

O obxetivo principal dos cursos e lograr que as mulleres participantes se sintan ben, fomentando e propiciando un ambiente seguro, cercano e cálido

DEMOSTRACIÓNS REALIZADAS DURANTE A CHARLA

ESTATE ATENTO EN BREVE, TERÁS NOTICIAS DAS DATAS EN QUE SE VAN A REALIZAR O CURSO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA. 

CONTIDO DO CURSO

Os cursos poderán desenvolverse en tres niveis de contidos, adaptados os tempos de realización dos mesmos.

 

O marxe da idade, nivel técnico e forma física das participantes, os programa contempla as seguintes áreas de actuación:

 

  1. Exercicios básicos de acondicionamento físico, a nivel cardiovascular, mobilidade articular, tonificación e resistencia física.

 

  1. Exercicios que potencien as cualidades coordinativas; equilibrio, ritmo, orientación espacial, lateralidade e axilidade en termos de precisión durante a execución e coordinación dos movementos.

 

  1. Exercicios específicos para a tonificación muscular eo reforzo articular.

 

  1. Movementos e técnicas de brazos e pernas específicos dirixidos á autodefensa, coa man valeira e con diversos utensilios de uso cotiá; como poden ser bolígrafos, paraugas, chaves e outros.

 

  1. Orientacións e pautas concretas para desenvolver hábitos de prevención en calquera lugar onde se atope de maneira que se sinta segura confiando en ela mesma. 

 

Os contidos complementaranse con exercicios específicos a nivel  respiratorio, atencional, orientación espacial e demais cualidades físicas, coordinativas e psicolóxicas.     

 

 

 

TALLER DE KUNG-FU DIRIXIDO A DEFENSA PERSOAL FEMININA

Dada a afluencia e demanda das participantes no curso realizado no mes de Abril, e para seguir avanzando neste senso. O Concello de Arbo, acaba de abrir o prazo para anotarse o Segundo taller de Kung-Fu dirixido a Defensa Persoal Feminina. As inscripción realizaranse nas oficinas municipais do Concello de Arbo, ou pode descargar  a inscrición na web do Concello e reenviar cumprimentada a oficinas.concellodearbo@gmail.com.

 A proposta terá lugar os día 7 de xullo e 18 de agosto no Pavillón Municipal de 20.00 a 22.00 horas, e o prezo son 10 €.- (os 10 Euros incluen as dúas xornadas).

O prazo de inscripción remata o 5 de xullo ás 14.30 horas para a primeira xornada. Asememo poderase inscribir para a xornada do 18 de agosto ata o día 14 de agosto.

Con esta actividade pretendese aumentar a autoestima e confianza  dun dos sectores da poboación, como son as mulleres, que nos ultimos tempos estan sendo obxeto de diversos tipo de violencia.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011