Festa da Lamprea

 ANTIGÜIDADE, ARRAIGO E CONTINUIDADE DA FESTA

Son moitas as festas que se celebran por toda Galicia, pero a que podemos dicir que é máis antiga é a da Festa da Lamprea.

Arbo, podemos dicir que é a capital da Lamprea. Non existe constancia de ningún outro municipio  en toda España que teña unha tradición tan antiga e arraigada arredor deste peixe prehistórico e misterioso.

A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello entre os que destacan Caldas, Ignacio Vieitez, Malvare, Julio Gutiérrez, Mancho, sendo alcalde entón don Luís Cubelas Queimadelos.

A organización da I Festa da Lamprea estivo a cargo da Comisión "Pro Homenaxe á Lamprea", que tributaba a través desta xornada festiva o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Río Miño proporcionaba. Desde esta primeira edición no ano 1961, os arbenses, atoparon un lugar no mundo e nos medios  de comunicación, adquirindo para a posterioridade este produto do Miño tan excelente.

A idea inicial era facer unha festa que dese a coñecer e axudase a vendes os estupendos viños que estas terras producían nestas terras así como comercializar outra materia prima excelente coa que contaba Arbo "A Lamprea".

O 16 de abril de 1961, visitantes e convidados foron recibidos ás portas da Casa Consistorial cos balcóns engalanados e aos acordes dos gaiteiros. Ás 15:00 horas, na planta principal do edificio, preto de trescentos comensais degustaron lamprea rechea con salsa Miño, lamprea guisada, viño albariño e tinto do país.

Unha singularidade importante é a declaración no ano 1965 da "Festa de Interese Turístico Nacional", cando Manuel Fraga Iribarne desempeñaba o cargo de ministro de Información e Turismo.

SINGULARIDADE


Entre toda a boa e coidada gastronomía que Arbo pode ofrecer aos visitantes, hai un manxar que destaca con nome propio entre todos os demais: A Lamprea.

A festa da lamprea  procura en primeiro lugar rememorar e recoñecer o traballo feito en cada etapa por alcaldes, tenentes de alcalde, concelleiros e funcionarios das diferentes corporacións municipais; polos presidentes, secretarios e vocais dos Comités Activos e integrantes dos Comités de Honor, polas posteriores comisións de festas; polas cociñeiras e polos agricultores que colleitan o viño e os pescadores que traen o peixe; por hostaleiros, asociacións veciñais, culturais e deportivas; e por todos os demais implicados, con especial mención aos pioneiros, pensadores da idea e creadores do “Día da Lamprea”, que desde a edición inicial albiscaron na gastronomía un feito de relevancia socioeconómica, política e cultural. A súa estima merecen igualmente os medios de comunicación, de maneira fundamental a prensa escrita, que desde o primeiro día comentaron os feitos máis relevantes. Enviados especiais e xornalistas (Cesáreo Sáenz Uriondo, González-Martín, Martínez Salgado, Rodrigo Varela, Luz María Durán, José Rey, Amalia Gallego, Gabino Porto, Guillerme Rodríguez,...), fotógrafos (Tomás, Antonio Gabriel, Magar, Cameselle, Llanos, Carlos Rodríguez, Freire, A. Fernández,...) e prestixiosas firmas ( Álvaro Cunqueiro, J. María Castroviejo, Eliseo Alonso, Alfonso Vázquez,...) plasmaron nas páxinas de Faro de Vigo, El  Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, A Peneira e outros medios, a crónica da festa e contribuíron a consolidar e estender a súa importancia e popularidade.

A metodoloxía elixida fundaméntase nunha visión global e contextualizadora, porque a historia da Festa da lamprea é a historia do transcorrer político, socioeconómico e cultural contemporáneo de Arbo e da comarca, á súa vez condicionado pola evolución de Galicia, España, Europa e o mundo. Un espello do desenvolvemento da humanidade entre dous séculos e dous milenios e un reflexo da relación sentimental do ser humano cun peixe e uns viños engaiolantes. Con todo, á marxe de que cada unha das cinco décadas ofreza a ambientación do momento que lle corresponde, un estilo e un ideario particulares, un marco institucional que transita do franquismo á democracia e do autonomismo ao europeísmo, sempre se mantivo como motivo recorrente e fío condutor principal o sabor único do petromyzon e o padal do “branquiverde, lixeiro, fresco, e froital albariño de Arbo que reinaba no corazón de Álvaro Cunqueiro, confundíndose os mundos luminosos de antano e hogano nun brillante prisma máxico”.

A Festa da lamprea, cume da temporada lampreeira, exemplifica e festexa o papel da gastronomía coma arte de transcendencia económica, social, política e cultural, mais tamén como vértebra da vida colectiva.

A “Comida-homenaxe do Primeiro Día da Lamprea”, un banquete motivador e xeneroso que amose o  orgullo dun pobo cara aos  sinais de identidade que o localizan no mundo: a lamprea e os viños, festexados en perfecta harmonía. Pero tamén ansía contribuír a engrandecer a historia cultural existente acerca da vida e costumes do rechamante petromyzon. Coa mesma ilusión e expectativa coas que se presentaron e degustaron os diferentes pratos do “Menú 61”, este percorrido a nado río arriba por cincuenta lampreadas agarda ofrecer un conxunto de sabores e arrecendos atractivos, tanto aos veciños arbenses coma aos cada vez máis numerosos visitantes e siareiros, de procedencia xeográfica moi diversa.

Na actualidade, e sobre todo no favorable progreso socioeconómico das últimas décadas, na era da información que converteu o mundo nunha aldea global, milleiros de persoas renden tributo e dan vida á Festa da lamprea coa súa presenza nos restaurantes da vila e na Gran Tasca Popular situada no Arbomostra, lugar de conciliación do xantar tradicional e os renovados e prestixiosos albariños e condados das Adegas con Denominación de Orixe.

   A LAMPREA

Aseguran os historiadores, que e no tempo da Roma Imperial os césares, amos de vastos imperios, se facían levar lampreas vivas dende a zona de Arbo á soleada Italia para, posteriormente, conservalas en viveiros ata o momento de ser preparadas e servida á mesa, en materia de lamprea, non só dáse a calidade do produto, senón a forma artesanal de pescala, utilizando a rede e as denominadas "Pesqueiras".


Son moitas as formas de preparar a lamprea e cada restaurante garda con esmero as súas exclusivas receitas e pequenos secretos. O certo é que unha vez que se proba, se comprende a razón de que moitas persoas percorran moitos quilómetros, un ano tras outros, para degustar este manxar sen igual.

Para o éxito e o renome acadado pola lamprea propia do tramo arbense foi fundamental a calidade do produto pescado, que ao enfrontarse no seu longo percorrido á corrente fluvial río arriba perde graxa e gaña masa muscular ofrecendo unha textura, unha cor e un sabor diferentes.

A lamprea o estilo Arbo move miles de persoas durante os meses de xaneiro a abril. Son miles de visitantes os que ano tras ano visitan a nosa terra para saborear un manxar delicioso na súa forma natural , cociñada o estilo bordelesa ou estilo Arbo,  pero tamén durante todo o ano  pódese degustar rechea, guisada, en empanada, a brasa…

 DATAS DA CELEBRACIÓN DA FESTA DA LAMPREA

A Festa da Lamprea celebrase o último fin de semana do mes de Abril

DESCRICIÓN DOS ACTOS QUE SE REALIZAN DURAN A FESTA DA LAMPREA

Moitos e diversos son actos que se realizan durante a Festa da Lamprea, que se foron consolidando co tempo e son reseña da nosa Vila.

Numerosas  son os grupos, cantautores orquestras, Bandas de Musica, Gaiteiros, Grupos Folkloricos  relevantes  que o longo destes 56 anos levan amenizando o evento máis importante para os Arbenses.

Do mesmo xeito cabe destacar a figura do pregoeiro, que dende o Balcón da Casa Consistorial nos ofrece a súa visión sobre a nosa Vila,  personalidades do mundo da comunicación, do deporte, da musica pasaron polo noso Concello.

Actualmente e en paralelo coa Festa da Lamprea, dende hai máis de vintecinco anos vense organizando ARBOMOSTRA, feira Agroindustrial e Artesanal  donde se pretende a promoción e ensalzamento dos produtos gastronómicos e vitivinícolas deste Municipio.

ARBOMOSTRA

"ARBOMOSTRA" é un evento organizado polo Concello de Arbo, durante os días da Festa da Lamprea, coa que se pretende a promoción e enxalzamento dos produtos gastronómicos e vitivinícolas deste Municipio.



Celébrase no recinto do CEIP Antonio Carpintero e esta iniciativa está dirixida ao sector hostaleiro comercial industrial artesanal e vitivinícola do Concello de Arbo, e permanece aberta dende o venres ata o domingo.


Esta Feira Agroindustrial e artesanal, encóntrase plenamente consolidada, despois de que, dende os inicios, se empezase a perfilar como unha das citas feirais máis importantes da Comunidade Autónoma.

 Nesta exposición non só se mostran os viños de toda a subzona do Condado acollidos á Denominación de Orixe Rias Baixas, senón que serve de encontro dos visitantes coa artesanía popular.                                    


En distintos postos que se poden ver dentro da carpa  de “ARBOMOSTRA” as adegas promoven e venden os seus viños. Así mesmo os restaurantes da zona, teñen os seus propios postos onde serven a Lamprea cociñada en todas as súas formas e os visitantes poden degustan este manxar.

A afluencia de visitantes durante estes tres días pode superar os 25.000.

 PREMIO PERIODISTICO “VILA DA LAMPREA”

O premio periodístico “Vila da Lamprea”, comezase a celebrar no ano 1961 coincidindo coa primeira Festa da Lamprea. Despois dun parón de varías décadas, recuperase no ano 2003.

CONCURSO CARTEIS FESTA DA LAMPREA

O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da “ Festa da Lamprea”

Os temas a tratar son Arbo, o Miño, o viño, a Lamprea e a Festa da Lamprea

Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a  Festa da Lamprea promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio.

CONCURSO DE REDACCIÓN E CARTEIS SOBRE  A LAMPREA PARA OS NENOS DO COLEXIO PUBLICO DE ARBO ”

O concello de Arbo co obxecto de promocionar o coñecemento do noso pobo, dos nosos ríos e da lamprea, convoca entre os rapaces e rapazas matriculados no CEIP Antonio Carpintero, o concurso de Carteis e Redacción da LV Festa da Lamprea.

Os temas a tratar son Arbo, o Miño, o viño, a Lamprea e a Festa da Lamprea. O concello outorgara dous premios por cada unha das categorías e por curso dende preescolar a 6º de primaria.

o concurso de redacción soamente vai  dirixido os cursos de 3º a 6º de primaria.

 O xurado estará composto por representantes do Concello, do profesorado e da ANPA. Os traballos presentados quedarán a dispor do Concello de Arbo e os premios consistiran en material didáctico, xogos, etc…

 

 XORNADAS TECNICA

Para promocionar a viticultura e a enoloxía impártense charlas e conferencias, centradas no tema medio ambiental en xeral e na viticultura.

As xornadas técnicas tamén engloban a Cata de Viño

 XANTAR FESTA DA LAMPREA

O sábado da Festa da Lamprea, coincidindo co pregón un Restaurante de Arbo, prepara o tradicional Xantar da Festa da Lamprea, donde se pode degustar a nosa homenaxeada en todos os seus estilos.

GALA DA LAMPREA

A Gala da Lamprea ten lugar o venres da Festa da Lamprea e neste acto entregasen os premios os gañadores do Concurso do Cartel anunciador da Festa, o Certame Brais Alonso ( deste certame sae o cartel para a Festa da Lamprea Seca que ten lugar en Agosto) e os premios os nenos do CEIP Antonio Carpinteiro.

Ademais , durante o evento ten lugar unha actuación musica

ARBENSE SOBRANCEIRO 

Dende hai uns anos o Concello de Arbo,  fai un homenaxe a persoas e colectivos que pola súa labor e traballo benefician o noso Concello. No ano 2015 se nomeou a Garda Civil de Arbo e no ano 2016 os Bombeiros Voluntarios de MelgaÇo.

PREGOEIROS

CEFERINO DE BLAS Pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 1993. Periodista.  Titulado  en  Periodismo  pola  Escuela  Oficial  de  Madrid  e  Licenciado  en  Ciencias  de  la Información  por  la  Universidad  Complutense.

XERARDO RODRIGUEZ RODRIGUEZ Pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 1994. Periodista galego que foi director de programas de Radio Popular de Vigo, Director da Radio Galega, Director da Televisión de Galicia. Director da RNE e Director de TVE-Galicia

ARTURO MANEIRO VILA Pregoeiro da Fiesta de la Lamprea, no ano  1995. Periodista. Presidente da Asociación de Periodistas de Galicia e director de “Comunica “ revista de estudios de comunicación da APG. Asesor en CRTVG. Director da Radio Autonómica de Galicia, director de TVG e director dos servizos informativos da TVG

FERNANDO ONEGA, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 1996. Periodista español que traballou en distintos medios de comunicación e chegou a ser Director do Diario Ya e xefe de prensa na Moncola durante o mandato de Adolfo Suarez.

SANCHO GRACIA, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 1997. Foi actor, director, produtor de teatro, cine e Televisión. Protagonizou e saltou a fama coa serie televisiva “Curro Jimenez”.

JOSE LUIS GOMEZ GOMEZ, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 1998. E un periodista galego, que traballou en distintos medios de comunicación entre eles a Voz de Galicia, TVG e Radio Galega.

YOLANDA VAZQUEZ, pregoeira da Festa da Lamprea no ano 1999. Presentadora de diversos programas “juicio de Parejas” na Sexta, “Pequeño gran Show” na TVG, “Talk Show” en Antena tres, entre outros

LUIS ZAHERA, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2000. Actor galego que participou en series como Hospital Central, El Comisario, motivos Personales ou en peliculas como Alatriste o Cel 211. Saltou a Fame como Petroleo na exitosa serie da TVG “Mareas Vivas”.

TERIO CARRERA, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2001. Periodista Deportivo, que traballou en distintos medios de comunicación entre eles TVG.

PACO LODEIRO Y CARLOS JIMENEZ - “RISOTERAPIA”, pregoeiros da Festa da Lamprea do ano 2002. Dúo de humoristas que participaron en Televisión de Galicia en programas como "Fatal, Faltal, Fatal", "O téquele téquele", "Tardes con Ana", "¡Qué Serán?"

CARLOS MARIBONA, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2003. Periodista español que compaxina a súa actividade profesional en ABC coa critica gastronómica na Guía de Madrid.

JAVIER ZARAGOZA, pregoeiro da Festa da Lamprea do ano 2004. Fiscal Xefe da Audiencia Nacional. Foi xefe da Fiscalía Antidroga e membro da Unión Progresista de Fiscales.

JOSE ANTONIO VAZQUEZ TAIN, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2005.  Xuíz e maxistrado ourensán que foi Director da Escola de Estudios Xurídicos de Galicia.

VLADIMIR GUDELJ, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2006. Ex xogador de fútbol internacional que militou no Real Club Celta de Vigo.

GARY BEDELL, pregoeiro da Festa da lamprea no ano 2007. E un periodista canadiense, experto en gastronomía

IGNACIO CAPEÁNS GARRIDO, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2008. Director rexional de A-TV e onda Cero Galicia

SENÉN BARRO AMENEIRO, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2009. Rector da Universidade de Santiago. Profesor, investigador, Coeditor de Libros e Conferenciante.

JESUS SOUTO PRIETO,  pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2010. Foi presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

PACO REYERO, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2011. Periodista de la Razón e contertuliano de Carlos Herrera en Onda Cero.

ANTÓN PULIDO, pregoeiro da Festa da Lamprea no an o2012. Pintor e gravador galego.

ANTONIO RUI SOLHEIRO, pregoeiro da Festa da Lamprea. Foi presidente da Cámara Municipal de MelgaÇo – Portugal.

ALBERTO COMESAÑA. Pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2014. Musico, antigo compoñente do dúo “Amistades Perigosas”.

JOSÉ MIGUEL RODRÍGUEZ-SIEIRO Y RODRÍGUEZ-VILA – JOSEMI, pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2015. Colaborador habitual de medios audivisuais, en programas de Antena tres, en programas como Día a Dia en Telecinco,  no programa de Carlos Herrero en Onda Cero, Mirando al Mar,   A la Carta entre outros.

LORENZO DIAZ – pregoneiro da Festa da Lamprea no ano 2016

 

MANUEL XIRALDEZ.-Pregoeiro da Festa da Lamprea no ano 2017 é nativo de Arbo e actualmente exerce de profesor no IES de Ames, en terras de Compostela.

Presidiu a Asociación Cultural Barca de Loimil na súa vila de nacemento entre os anos 1989 e 1997. Ademais de diferentes traballos centrados na cultura galega e miñota, publicou os libros Arbo, vila da lamprea, Segundo Gil Dávila e o seu labor benéfico-docente e A historia do fútbol en Arbo. Nas últimas décadas tense dedicado a investigar sobre as orixes e o devir de Arbo en relación cos froitos da terra e do río, pero sobre todo contribuíu á divulgación da vida da raíña lamprea a partir do universo prodixioso da raia galego-portuguesa.

MARTIN BARREIRO - Pregoeiro na Festa da Lampra de 2018 - É un físico español; especialista en meteoroloxía, oceanografía e climatoloxía; experto en comunicación e comunicación do cambio climático.

ROBERTO VILLAR.- Pregoeiro da Festa da Lamprea do ano 2019 - Humorista Galego - 
Actualmente forma parte do equipo de meteoroloxía de Radio Televisión Española e presenta as edicións meteorolóxicas da fin de semana, en La 1 e 24 horas.
 

 ACTOS E ACTUACÍÓNS DIVERSAS O LONGO DAS DISTINTAS EDICCIÓNS DA FESTA DA LAMPREA.

CONCIERTO DA DECADA PRODIGIOSA

Na 47 edición da Festa concluíu de madrugada coa actuación do grupo A Década Prodigiosa.

CONCERTO DE MANU CARRASCO

Con motivo del L Aniversario da Festa da Lamprea o domingo 25 de abril, Manu Carrasco, coñecido polo seu paso por Operación Triunfo, ofreceu da Praza Consistorio de Arbo un concerto a partir das 21:00 horas

 CAMPOY EN SU PUNTO

No ano 2006, dende o Auditorio do Centro Mulitusos de Arbo, Concha García Campoy, restramitica xunto os seus colaboradores o programa de Radio “Campo en su Punto”, o xoves 27 de abril dende ás 16:00 a 19:00 horas. Neste programa ademais de varias entrevistas, asistiron o grupo Cómplices que presentaba o seu disco.

LA BRUJULA

No ano 2010 con ocasión do L edición da Festa dese o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, Carlos Alsina retransmitía o seu programa La Brújula de Onda Cero

 CONCERTO DE AMANCIO PRADA NA ENTREGA DE “PREMIOS PERIODISTICO VILA DE ARBO”

No ano 2006, e coincidindo coa entrega de premios do “Premio Periodístico Vila de Arbo”, o cantautor de Ponferrada, Amancio Prada ofrece un concerto no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo.

 CONCERTO DE MARIA DO CEO

Atuou no auditorio do Centro Multiusos de Arbo co gallo da Gala de Entrega dos premios “Vila de Arbo” o 23 de abril de 2004, na XLIV Festa da Lamprea.

 CONCERTO ANA KIRO

Actuou na Praza o domingo 21 de abril na XXXVI Festa da Lamprea no an o  1996.

CONCETO DA CANTANTE ANGELES RUBIAL

Actuou no auditorio do Centro Multiusos de Arbo, o sábado 23 de abril de 2005 na XLV Festa da Lamprea, acompañada do guitarrista arxentino Daniel Seminario, co que presentaba o CD Canciones para sentir.

 TREIXADURA

Actuou no auditorio do Centro Multiusos de Arbo, co gallo da Entrega de Premios “ Gala da Lamprea”

MERCEDES PEON

Actuou no auditorio do Centro Multiusos de Arbo, co gallo da Entrega de Premios “ Gala da Lamprea”

ROSA CEDRÓN

Actuou na LV Festa da Lamprea no ano 2015.

 BUDIÑO

Actuou na LV Festa da Lamprea no ano 2015.

A RODA

Actuou no auditorio do Centro Multiusos de Arbo, co gallo da Entrega de Premios “ Gala da Lamprea”  na XLVI Festa da Lamprea no ano 2006.

 GRUPO FOLK ARDENTIA

Actuo na entrega de premios “ Gala da Lampra” no auditorio do Centro multiusos  na XLIX Festa da lamprea no ano 2009.

LUCIA PEREZ

Actuou na Festa da Lamprea do ano 2016

 PELEPAU

 

AFLUENCIA DE VISITANTES

Despois de establecidos e comparados os datos de rexistro podemos sacar as seguintes conclusións estatísticas:

-       A tempada máis propicia, para as actividades no municipio e por conseguinte a mellor  temporada do ano,  e entres os meses de Xaneiro e Abril, coincidindo coa temporada da lamprea.

-       Tendo en conta o punto primeiro, podemos afirmar que os meses en que máis afluencia ten este municipio e tamén coincidindo coa Festa da Lamprea e as actividades que durante estés días se desenvolven.

-       A afluencia de visitantes durante os meses da época da lamprea son moitos. Hai restaurantes e casas de turismo rural en Arbo, que só abren a súas portas nos meses da lampreada , e dicir xaneiro a abril.

-       Para os comercios de Arbo e para a hostelería en xeral, a lamprea e a Festa da Lamprea e una fonte de ingresos moi importante.

-       Os visitantes nos tres días da festa poden superar os 25.000

 MARCA REXIONAL “FESTA DA LAMPREA”

En resolución de data 18 de xullo de 2005, a oficina Española de Patentes e Marcas do ministerio de industria Turismo e Comercio, concede co numero 263831/9 a Festa da Lamprea como Marca Nacional por un período de 10 ano, publicada dita concesión no Boletín Oficial da Propiedade Intelectual de 1 de setembro de 2005

Con data 11 de febreiro de 2015 se procede a renovación da marca por un período de 10 anos.

 DECLARACIÓN DA FESTA DA LAMPREA DE INTERES TURISTICO DE GALICIA

Con data 18 de xullo de 2005, a Dirección Xeral de  Turismo da Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo, entendendo que a festa exalta un produto gastronómico moi singular e claramente identificado con Arbo, informa favorablemente a solicitude realizada polo Concello de Arbo para declar a Festa da Lamprea de Interés Turístico de Galicia. 

  DECALRACIÓN DA FESTA DA LAMPEA DE INTERESE TURISTICO NACIONAL

No pleno de data 30 de marzo de 2015 por unanimidade do presentes aprobouse a  proposta de alcaldía de 19.03.15 sobre a solicitude da Declaración da Festa da Lamprea do Concello de Arbo como Festa de Interese Turístico Nacional.

Despois de ser informada favorablemente pola Dirección  Xeral de Turismo de Galicia, remitiuse a TURESPAÑA para a declaración da Festa da Lamprea de Interese Turístico Nacional,  por resolución de 12 de abril de 2016 a Festa da Lamprea e declarada de Interese Turístico Nacional  

  


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011